Seguridade no uso de campás e vitrinas en laboratorios

Información do curso

Seguridade no uso de campás e vitrinas en laboratorios


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLFVI2500401
Nome Seguridade no uso de campás e vitrinas en laboratorios
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 3
Descrición

Formación en seguridade na utilización de campás e vitrinas nos laboratorios da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A finalidade da presente xornada, é dar unha serie de criterios técnicos de seguridade, sobre o mantemento, controis periódicos e uso seguro das campás, vitrinas e armarios de seguridade, que se atopan nos laboratorios. Informando dos riscos e as súas medidas preventivas.

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo, FREMAP Mutua de Accidentes de Traballo

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/10/2025 08:30 - 22/10/2025 23:59
Período de docencia 31/10/2025 - 31/10/2025

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Responsables dos laboratorios, persoal técnico de laboratorio, persoal docente e investigador e aquel persoal que manexe campás e vitrinas.

Condicións de acceso

Ter unha relación laboral coa Universidade de Vigo nas datas de realización do curso.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

De ser admitido/a, o SPRL enviarálle un mail confirmando a súa admisión co enlace ao formulario de FREMAP que deberá encher obrigatoriamente para realizar a inscripción definitiva, antes do día 27 de outubro as 24:00 horas.

Obxectivos

A finalidade da presente Xornada é facilitar o coñecemento dunha serie de criterios tecnicos de seguridade no uso de campás e vitrinas en laboratorios.

Profesorado

Javier Ruiz Pérez.

Enxeñeiro Técnico Industrial e Técnico Superior en PRL nas tres Especialidades. Ingresou en FREMAP como Técnico de Prevención en 2005, especializándose na área da Hixiene Industrial e participando como experto en numerosas actividades formativas e divulgativas, así como en proxectos de investigación sobre equipos de protección individual. Actualmente é membro tamén do Equipo de Especialización de Equipos de Protección Individual de FREMAP.

Programa

- Coñecemento das aplicacións, características e certificacións dos diferentes dispositivos.

- Criterios de selección e localización. Limitacións de uso.

- Boas prácticas na utilización destes dispositivos.

   • Campás, vitrinas e armarios de seguridade.

   • Sistemas de estracción localizada en traballos con nanomateriales.

- Características, deseño e certificación. Ensaios de validación de equipos.

   • NTP 677 e NTP 1188.

   • Mantemento dos equipos e parámetros a controlar.

- Utilización complementaria de Equipos de Protección Individual.

- Vídeo sobre o manexo seguro de vitrinas de gases e cabinas de seguridade biolóxica.

Calendario

Data: venres 31 de outubro de 2025

Horario: de 09:30 h. a 12:30 h.

Impartido en

Edificio Ernestina Otero. Sala Manolo Ramos.

Campus Lagoas-Marcosende.

VIGO

Observacións

As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos