Sensibilización contra as violencias de xénero. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Información do curso
Sensibilización contra as violencias de xénero. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | UNDIV250005 | ||||
Nome | Sensibilización contra as violencias de xénero. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | A Universidade de Vigo, a través da Unidade de Diversidade, impulsa este programa de obradoiros destinado á prevención das violencias por diversidade e á promoción dunha cultura universitaria baseada no respecto, a igualdade o bo trato. O ciclo combina formación teórica, dinámicas participativas e espazos de diálogo, co fin de fomentar unha convivencia máis inclusiva, libre de prexuízos e discriminacións. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647 343033 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Obradoiro dedicado a comprender as múltiples formas en que se manifesta a violencia de xénero, física, psicolóxica, simbólica ou estrutural, tanto nos espazos sociais como no ámbito universitario.
Analízanse os mecanismos culturais e sociais que o sustentan, así como o papel das institucións educativas na súa prevención.
A través de casos prácticos, exercicios de análise e debate, búscase promover a empatía coas vítimas, desmontar prexuízos e fomentar a corresponsabilidade colectiva.
O obradoiro remata cunha reflexión sobre o papel das universidades como espazos diversos, así como sobre as estratexias de acompañamento e denuncia dispoñibles.
Entidades organizadoras
Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 15/10/2025 08:30 - 11/11/2025 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 12/11/2025 08:30 - 19/11/2025 23:59 |
Período de docencia | 25/11/2025 - 25/11/2025 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 35 |
---|
Destinatarios/as
Estudantado
PDI
PTXAS
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Comprender as diferentes formas de violencia de xénero e os seus mecanismos estruturais.
- Fomentar unha actitude crítica ante os estereotipos e roles de xénero.
- Promover a empatía coas vítimas e o compromiso activo na súa prevención.
- Coñecer as canles institucionais de acompañamento e denuncia.
- Reforzar o papel da universidade como espazo libre de violencias.
Profesorado
Félisindo Estévez García (Educador social).
Calendario
Martes, 25 de novembro 2025, de 15:30 horas a 18:30 horas.
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense.
Titulación
Todas as titulacións
Sistema de avaliación
As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.
O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.