Introdución ao uso de CATIA V5 para a aula
Información do curso
Introdución ao uso de CATIA V5 para a aula
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCAIAOU243 | ||||
Nome | Introdución ao uso de CATIA V5 para a aula |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | A finalidade da formación é introducir ao profesorado de enxeñaría ao manexo de Catia V5 para o modelado paramétrico de sólidos e superficies. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso é recoñecido coma formación permanente do profesorado da Universidade de Vigo.
Entidades organizadoras
Campus Auga.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 20/09/2024 12:00 - 02/10/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 07/10/2024 - 21/10/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O 75 % das prazas do curso está destinada ao profesorado do Campus da Auga e o 25 % restante está aberta a todo o profesorado da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Facer o modelado sólido e de superficies de pezas e compoñentes a partir dos seus datos xeométricos e dimensións, con destino ao seu uso en traballos profesionais relacionados coa enxeñaría.
Condicións de acceso
Coñecementos previos básicos no uso de ferramentas software para o modelado paramétrico de sólidos, tales como SolidWorks, SolidEdge, Autodesk Inventor, Onshape ou similares.
Docentes de titulacións de enxeñaría, con formación mecánica a nivel de deseño de detalle (mecanismos, pezas normalizadas, tolerancias etc.), e que desexen familiarizarse co manexo do software CATIA V5 para o seu uso en contextos docentes.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade presencial os días 7, 14 e 21 de outubro de 16 a 20.30 horas.
Programa
Contidos teóricos:
- Introdución ao contorno de Catia V5. Elementos en pantalla. Espazos de traballo. Ficheiros. Categorías de entidades. (0.5 horas)
- Construción de bosquexos: operacións e exemplos. Espazo de traballo 2D. Barras de ferramentas. Entidades. Operacións de transformación. Restricións dimensionais e xeométricas. (1.5 horas)
- Modelado sólido de pezas e compoñentes mecánicos: conceptos, operacións e exemplos. Espazo de traballo 3D. Barras de ferramentas. Entidades sólidas. Elementos de referencia. Operacións baseadas en bosquexos. Operacións de transformación. Operacións de rematado. Uso de corpos (bodies). Asignación de materiais. (2 horas)
- Modelado de conxuntos: estruturas de produto e estratexias de deseño. Ensamblaxe de conxuntos mecánicos. Colocación de restricións. Visualización selectiva de pezas e compoñentes. Manipulación de pezas e compoñentes. Análise de conxuntos. Uso de subconxuntos. Estratexias de deseño bottom-up, top-down e skeletal. (2 horas)
- Modelado de superficies: conceptos, operacións e exemplos. Barras de ferramentas. Entidades de wireframe e superficies. Operacións baseadas en bosquexos. Operacións de transformación. Operacións de extracción. Análise de superficies. Xeración de sólidos a partir de superficies. (6 horas)
Contidos prácticos:
Desenvolveranse exercicios específicos para cada uns dous temas anteriores, orientados á mellor comprensión e posta en práctica dúas coñecementos mediante ou modelado de pezas e compoñentes relacionados coa enxeñaría.
Impartido en
Campus de Ourense. Edificio Martínez-Risco, aula B1.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación da formación será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo despois de 21 días desde a finalización dela.
Profesorado
Jorge Cerqueiro Pequeño
É Profesor Titular no Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo. Ten un doutoramento en Deseño e Fabricación e mestrados en Física Aplicada e Mecatrónica. Dentro dos seus intereses profesionais están o CAD, CAE, PLM, o deseño industrial, o deseño e desenvolvemento de produto, o product manegement, a intelixencia artificial e a ciberseguridade industrial.
Sistema de avaliación
Requirirase asistir ao 80 % das sesións, entregar os diferentes exercicios que se realizarán en cada sesión e superar un cuestionario de 10 preguntas (40 % da cualificación final).