Actividades interactivas en Moodle empregando H5P
Información do curso
Actividades interactivas en Moodle empregando H5P
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPH5241 | ||||
Nome | Actividades interactivas en Moodle empregando H5P |
|
|||
Modalidade | Virtual (síncrona e asíncrona) | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | A educación en liña converteuse nunha parte fundamental da nosa sociedade, e Moodle destaca como unha plataforma líder neste ámbito. Para levar a experiencia educativa a un nivel superior, este curso céntrase no uso do plugin H5P dentro de Moodle. H5P é unha ferramenta poderosa que permite crear contido interactivo de maneira fácil e rápida. Desde cuestionarios e presentacións ata xogos e simulacións, H5P ofrece unha ampla gama de actividades interactivas que poden enriquecer enormemente a aprendizaxe en liña. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 29/04/2024 12:00 - 13/06/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 02/07/2024 - 19/07/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Comprender os conceptos básicos de H5P.
- Crear contido interactivo utilizando H5P.
- Integrar contido H5P en Moodle.
- Personalizar e adaptar contido H5P.
- Avaliar a efectividade do contido H5P.
- Fomentar a participación do estudantado.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Parte síncrona: desenvolverase os días 2 e 9 de xullo de 10 a 11 horas.
Parte asíncrona: levarase a cabo do 1 ao 19 de xullo.
Programa
1. Coñecendo H5P.
2. H5P na plataforma Moodle.
3. Crear unha actividade H5P.
4. Tipos de Contido en H5P:
a. Recursos máis grandes.
b. Outros.
c. Tarefas.
5. Prerrequisitos.
6. Engadir contido H5P en Moodle.
7. Vantaxes e desvantaxes de H5P en Moodle.
Impartido en
Campus remoto e Moovi.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.
Profesorado
Priscila Guadalupe Parra Cicero
É programadora de docencia virtual no CeFoNT (Centro de Formación en Novas Tecnoloxías da Universidade de Cantabria). É licenciada en Pedagoxía pola Universidade Panamericana (Ciudad de México) e ten un mestrado en Empresa e Tecnoloxías da Información pola Universidade de Cantabria. Posúe unha ampla experiencia na creación, innovación e curación de contidos e-learning, así como na formación técnico-pedagóxica docente sobre a plataforma Moodle e diferentes ferramentas de creación de contidos. Tamén cabe sinalar que participa en diferentes proxectos Erasmus+ creando e maquetando contidos para cursos MOOC.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso. Será de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
- Os/as alumnos/as deberán crear un curso de Moodle (un espazo de proba que se lles proporcionará na plataforma con antelación e creado polos/as administradores/as onde terán o rol de profesorado) onde se aplique como mínimo un tipo de contido de cada categoría dispoñible en H5P.