Estratexias metodolóxicas para mellorar a docencia en materias universitarias incorporando nelas actividades para fomentar que o estudantado faga un uso ético, creativo e crítico da IA xenerativa

Información do curso

Estratexias metodolóxicas para mellorar a docencia en materias universitarias incorporando nelas actividades para fomentar que o estudantado faga un uso ético, creativo e crítico da IA xenerativa


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPEM24
Nome Estratexias metodolóxicas para mellorar a docencia en materias universitarias incorporando nelas actividades para fomentar que o estudantado faga un uso ético, creativo e crítico da IA xenerativa
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 25
Descrición

Neste obradoiro aprenderás a poñer en práctica metodoloxías de aprendizaxe inductiva e aula invertida incorporando actividades con ferramentas de intelixencia artificial (IA) xenerativa.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 12/04/2024 12:00 - 24/05/2024 23:59
Período de docencia 03/06/2024 - 04/07/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 35

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea impartindo docencia no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Definir as distintas estratexias para mellorar a aprendizaxe do estudantado a través da formación continua e o desenvolvemento profesional docente do profesorado universitario: o ensino académico (scholarly teaching, ST), o profesionalismo académico no ensino e a aprendizaxe (scholarship of teaching and learning, SoTL), o estudo de leccións (study lesson, yugyou kenkyu) e os ciclos de mellora na aula (CIMA). 
  • Aplicar estratexias para que o estudantado poida utilizar as ferramentas de intelixencia artificial de maneira creativa e crítica en procesos de indagación e de preparación para as clases presenciais.
  • Describir os beneficios do ensino centrado no alumnado e a aula invertida adaptativa.
  • Definir as principais accións do estudantado que aprende e idear maneiras para lograr que a maioría do alumnado as aprenda.
  • Distinguir as semellanzas e diferenzas entre distintos métodos de fomento de estudo previo á clase e aprendizaxe activa na aula.
  • Incorporar elementos de gamificación para aumentar a motivación e favorecer a implicación do alumnado.
  • Crear propostas de ensino centrado no estudantado, aprendizaxe por medio da indagación e aula inversa adaptativa para as materias que imparten incorporando ao seu deseño o uso crítico e creativo de ferramentas de intelixencia artificial e indagación bibliográfica
  • Utilizar ferramentas de AI (ChatGPT/Copilot e Bard/Gemini) como ferramentas de apoio tecnolóxico ao modelo de aprendizaxe por medio da indagación.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

As sesións conxuntas desenvolveranse os días 3, 4, 5, 10 e 11 de xuño de 15.30 a 17.30 horas.

Sesións de posta en común das propostas das persoas participantes (cada participante só deberá asistir á do seu equipo):

- Grupo disciplinar 1: 01/07/2024 de 11.30 – 13.30.
- Grupo disciplinar 2: 01/07/2024 de 15.30 – 17.30.
- Grupo disciplinar 3: 02/07/2024 de 11.30 – 13.30.
- Grupo disciplinar 4: 02/07/2024 de 15.30 – 17.30.
- Grupo disciplinar 5: 04/07/2024 de 11.30 – 13.30.
- Grupo disciplinar 6: 04/07/2024 de 15.30 – 17.30.

Programa

- Profesionalismo académico no ensino universitario e as distintas estratexias para alcanzalo (scholarly teaching, SoTL, ciclos de mellora na aula e jugyou kenkyu).
- Como lograr que o alumnado use as ferramentas de intelixencia artificial (IA)(chatGPT/Copilot e Bard/Gemini) de maneira creativa e crítica en procesos de aprendizaxe por medio da indagación?
- Metodoloxías de aprendizaxe baseada na indagación: indagación estruturada, indagación guiada e indagación libre. Pedir ao alumnado que xere respostas ou solucións a novos problemas (axudándose das ferramentas de IA).
- IA en estratexias de aprendizaxe enmarcadas en resolución de problemas antes da instrución segundo o modelo do fracaso produtivo.
- Estratexias para o uso de ferramentas de IA (ChatGPT/Copilot e Bard/Gemini) en actividades que utilizan os distintos tipos de indagación.
- Prompt engineering ou como ensinar ao noso estudantado a preguntar ás ferramentas de intelixencia artificial para a xeración de textos co fin de explorar novos problemas e xerar solucións tentativas que posteriormente serán sometidas a un proceso de crítica e mellora.
- Discusión socrática a partir das respostas xeradas polas ferramentas de intelixencia artificial xenerativa.
- App de ferramentas de IA funcionais en contextos de ensino universitario e aula invertida.
- Ensino centrado no estudantado e as metodoloxías para poñelo en práctica.
- Ensino baseado na evidencia.
- A aula invertida adaptativa como contexto que fomenta a incorporación da aprendizaxe activa en clases presenciais e sesións sincrónicas en liña.
- Fomento do estudo preparatorio, da indagación con ferramentas de procura bibliográfica e de ferramentas de intelixencia artificial mediante cuestionarios e actividades de preparación e avaliación formativa asincrónicas.
- Uso de ferramentas tecnolóxicas para a realización de cuestionarios e de resposta da audiencia para a posta en común de ideas.
- Como incorporar tarefas para que o alumnado indague e use a IA para preparar discusións nun contexto de aula invertida.
- Como documentar, avaliar e difundir con rigor académico o impacto das nosas intervencións educativas.

Impartido en

Moovi e campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

Alfredo Prieto Martín

É profesor de Inmunoloxía na Universidade de Alcalá. Desde hai 19 anos participa en programas de formación do profesorado en 42 universidades españolas, portuguesas iberoamericanas e africanas sobre diversas temáticas: ABP, adaptación eficaz ao EEES, aula invertida e gamificación, app e tecnoloxías para a avaliación formativa, ensino interactivo en contextos de videoconferencia, avaliación formativa e acreditativa e incorporación da intelixencia artificial ao ensino universitario.

David Díaz Martín

É profesor de Inmunoloxía na Universidade de Alcalá. Posúe experiencia na formación do profesorado desde 2008 e é experto no uso de tecnoloxías en educación. Impartiu obradoiros e videoconferencias sobre aprendizaxe baseada en problemas e proxectos (ABP), metodoloxías de aprendizaxe activa e aula investida e app de uso educativo.

Sistema de avaliación

Será necesario asistir ao 80 % das horas das sesións sincrónicas de asistencia obrigatoria e realizar as actividades propostas polo profesorado dentro dos prazos asignados.
A actividade principal do obradoiro será a publicación no foro dunha proposta de unidade de aula invertida que incorporará a aprendizaxe por medio da indagación e uso de ferramentas libres de intelixencia artificial. As persoas participantes que publiquen a súa proposta no foro, terán que facer unha presentación oral na sesión síncrona correspondente ao seu grupo disciplinar.
Así mesmo, en cada videoconferencia propoñerase unha actividade de reflexión e aprendizaxe que se avaliará formativamente na seguinte sesión.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos