Como escribir unha guía docente para Docnet en inglés

Información do curso

Como escribir unha guía docente para Docnet en inglés


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPIND231
Nome Como escribir unha guía docente para Docnet en inglés
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 12
Descrición

Trátase dun curso práctico no que se analizarán anonimamente exemplos reais das guías docentes publicadas na aplicación da Universidade de Vigo e o alumnado do curso redactará seccións das súas propias guías docentes, que serán corrixidas individualmente.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/09/2023 12:00 - 03/11/2023 23:59
Período de docencia 28/11/2023 - 12/12/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 16

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Obxectivos

Redactar a versión en inglés das guías docentes das súas materias para DOCNET.

Profesorado

Centro de Linguas (Fundación Universidade de Vigo)

Programa

  1. Presentación e análise dos erros máis habituais na sección de avaliación das guías docentes da Universidade de Vigo.
  2. Redacción da sección de avaliación da guía docente dunha materia impartida na Universidade de Vigo durante o curso académico 2024/25.
  3. Análise e corrección individual das seccións de avaliación escritas polo alumnado do curso.
  4. Análise dos erros comúns do alumnado do curso. Presentación de conclusións.

Calendario

PARTE VIRTUAL SÍNCRONA (8 horas):
Desenvolverase os días 28 e 30 de novembro de 10 a 13 horas e 12 de decembro de 10 a 12 horas.

PARTE VIRTUAL ASÍNCRONA (4 horas):
Entre o 30 de novembro e o 12 de decembro.

Impartido en

Impartirase a través do Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación da formación será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a finalización dela.

Sistema de avaliación

Para a superación da actividade formativa será necesaria:

  • A asistencia ao 80 % das sesións virtuais síncronas.
  • A realización das tarefas do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos