Axenda 2030- Axentes do Cambio
Información do curso
Axenda 2030- Axentes do Cambio
Tipo | Actividades de Voluntariado e Cooperación | ||||
Código | AVC01-202301 | ||||
Nome | Axenda 2030- Axentes do Cambio |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 30 | ||||
Descrición | O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medioambiente e coa erradicación das desigualdades no mundo. A Axenda 2030 é unha resolución da ONU aprobada en 2015 que constitúe a folla de ruta da humanidade para os vindeiros anos. Centrada na protección medioambiental e na erradicación de todo tipo de desigualdades, a Axenda busca que as universidades se impliquen na xeración das condicións para acadar un desenvolvemento máis sostible e inclusivo tendo en conta as limitacións do planeta e o benestar das persoas a través da aplicación dos denominados «Obxectivos de Desenvolvemento Sostible» (ODS). O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que coñezan a Axenda 2030. Esta actividade pódese complementar con unha acción de voluntariado nos tres campus da UVigo para dar a coñecer a Axenda 2030 e sensibilizar á comunidade universitaria sobre os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades. O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986130261 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medioambiente e coa erradicación das desigualdades no mundo.
A Axenda 2030 é unha resolución da ONU aprobada en 2015 que constitúe a folla de ruta da humanidade para os vindeiros anos. Centrada na protección medioambiental e na erradicación de todo tipo de desigualdades, a Axenda busca que as universidades se impliquen na xeración das condicións para acadar un desenvolvemento máis sostible e inclusivo tendo en conta as limitacións do planeta e o benestar das persoas a través da aplicación dos denominados «Obxectivos de Desenvolvemento Sostible» (ODS).
O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que coñezan a Axenda 2030. Esta actividade pódese complementar con unha acción de voluntariado nos tres campus da UVigo para dar a coñecer a Axenda 2030 e sensibilizar á comunidade universitaria sobre os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades.
O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.
Entidades organizadoras
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade. Actividade financiada no marco das activiades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 13/09/2023 15:36 - 06/10/2023 23:59 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1 |
Destinatarios/as
Estudantes da Universidade de Vigo
Condicións de acceso
Ser estudante na Universidade de Vigo
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición
Obxectivos
Ao rematar esta formación, o alumnado será quen de
- Promover, alentar e fomentar a participación da comunidade universitaria na aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na área local.
- Xerar cambios reais nos tres campus que favorezan o aliñamento das políticas da Universidade de Vigo coa Axenda 2030.
- Consolidar unha comunidade de "Axentes do cambio" organizada en grupos de traballo cooperativo.
Profesorado
Raquel Gómez Villar, Cofundadora en SomosTerra
Eva López Quiroga, Cofundadora en SomosTerra
Programa
- Módulo 1. Comprendendo a Axenda 2030
- Módulo 2. As persoas
- Módulo 3. O planeta
- Módulo 4. Unindo ás persoas e ó planeta
Calendario
- Do 10 de outubro ao 6 de novembro formación virtual en MOOVI.
Modo de pagamento
Curso de valde.
Impartido en
A formación virtual impartirase a través de MOOVI.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a cualificación de apto/a .
Sistema de avaliación
O alumnado deberá realizar 4 actividades a través de MOOVI cuxa explicación detallada atopará ao final dos textos e vídeos explicativos de cada módulo. As formadoras farán un seguimento exhaustivo da elaboración, resolverán dúbidas e entregarán un feedback sobre o resultado a cada estudante. Ao mesmo tempo, en cada módulo abriranse foros a través dos cales as formadoras animarán ás/aos estudantes a que debatan sobre un aspecto concreto do temario.
O curso será superado cando as/aos alumnas/os teñan un acceso regular ao espazo do curso en Moovi, entreguen alomenos 3 actividades, participen en 2 foros de debate e realicen o obradoiro virtual.
Por outro lado, cada semanda do mes que dure o curso, as formadoras enviarán aos estudantes unha mensaxe a través dun foro de noticias indicándolles o traballo semanal, os obxectivos formativos e as actividades a realizar. Ademais, durante a primeira semana do curso, reforzarase o seguimento coas/cos estudantes mediante correos electrónicos ou chamadas telefónicas para fomentar a participación.