A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos (1ª edición)
Información do curso
A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos (1ª edición)
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | AUEED | ||||
Nome | A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos (1ª edición) |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | En xeral, desde numerosas e diversas perspectivas académicas, a UE proporciona alternativas para a realización de TFG, TFM ou teses de doutoramento. Esta actividade pretende presentar opcións e, así, estimular a realización de investigacións sobre a temática europea. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 801973 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Presentación
O desenvolvemento acadado pola UE en diversos aspectos é considerable. Cada vez é máis necesario incorporar a dimensión europea nas distintas áreas de investigación. A UE constitúe, pois, unha fonte de inspiración e orientación para calquera universitario que inicie a súa carreira investigadora coa elaboración dunha tese de doutoramento ou que pretenda redactar un TFM ou TFG.
Entidades organizadoras
Cátedra Jean Monnet Institucións e cidadáns europeos: Adaptar a UE aos retos da dixitalización (EICAEUD)
Páxina web do curso
https://cutt.ly/rwrg0OONInformación sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Estudantado universitario interesado
Condicións de acceso
Realización da inscrición
Criterios de selección
Orde de inscrición na plataforma Bubela
Obxectivos
Obxectivos
Ademais de estimular a investigación en xeral, o obxectivo desta actividade consiste na presentación de posibles obxectos de estudo e investigación vinculados coa UE por parte daqueles estudantes de grao, mestrado ou doutoramento interesados na materia.
Profesorado
Prof. Celso Cancela Outeda
Programa
Contidos
- Achegamento xeral á UE
- De que se ocupa a UE? Posibles campos de investigación
- Fontes de información
- Estudantes e investigadores en contacto directo coa UE: bolsas e axudas
Calendario
Data: Mércores, 28 de xuño de 2023.
Horario: 16:30 a 19:30 h.
Modo de pagamento
De balde
Impartido en
Campus Remoto da UVigo.
Salón de Actos da Facultade de Xestión e Xestión Pública https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772
Titulación
Todas as titulacións da Universidade de Vigo
Sistema de avaliación
Asistencia ao 80% das sesións e entrega dunha tarefa titorizada