II Seminario de Alfabetización contra a Desinformación
Información do curso
II Seminario de Alfabetización contra a Desinformación
Tipo | Actividades recoñecidas coma formación permanente do profesorado | ||||
Código | ARFP22FN | ||||
Nome | II Seminario de Alfabetización contra a Desinformación |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 10 | ||||
Descrición | A desinformación e os efectos das noticias falsas na sociedade xeran actualmente unha gran preocupación a nivel global. A cuestión, máis alá de ser tema habitual nos medios de comunicación e no debate político, foi abordada por distintos organismos e informes a nivel internacional que propoñen distintos enfoques para abordar o problema. Dentro destes ámbitos de actuación –e da necesaria diversidade das frontes desde os que loitar contra a desinformación– destaca como elemento diferencial da alfabetización o seu carácter preventivo en lugar de reactivo, o que diferencia a esta estratexia de calquera outra. A alfabetización mediática céntrase no coñecemento e as habilidades específicas que favorecen a comprensión crítica e o uso consciente dos medios de comunicación o que implica unha maior capacidade de detección e análise da desinformación. Esta actividade está destinada ao profesorado e ao alumnado. Os diplomas do profesorado serán realizados pola Vicerreitoría de Profesorado, Docencia e Titulacións e os diplomas do alumnado serán realizados polo GID.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Esta actividade formativa está recoñecida coma formación permanente do profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
O seminario está coordinado por María Isabel Míguez González, Alberto Dafonte e Jabier Abuín Penas do Grupo de Innovación Docente DIXITAIS.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 14/09/2022 12:00 - 23/09/2022 12:00 |
---|---|
Período de docencia | 27/09/2022 - 18/10/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 100 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada principalmente ao profesorado da Universidade de Vigo e tamén poderá participar alumnado.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Obxectivos
O obxectivo do seminario é mellorar a competencia dixital e mediática da cidadanía como estratexia de loita contra a desinformación. Para isto é preciso: comprender o fenómeno da desinformación, os seus efectos na sociedade e os seus mecanismos de propagación, así como os principais recursos para loitar contra ela.
Profesorado
Xosé López García
Catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. Director do grupo de investigación “Novos Medios”, a súa traxectoria investigadora está centrada no xornalismo dixital e nos cibermedios. Actualmente participa no proxecto Iberifier (Iberian Digital Media Research and Fact-Checking Hub) financiado pola Comisión Europea.
Bella Palomo Torres
Catedrática de Xornalismo da Universidade de Málaga. Directora do grupo de investigación “MEDIO: Media & Data Innovation”, está especializada en novas rutinas xornalísticas e xornalismo dixital. Actualmente é Investigadora Principal do proxecto do Plan Nacional I+D: “El impacto de la desinformación en el periodismo: contenidos, rutinas profesionales y audiencias” (PID2019-108956RB-I00).
Javier Guallar Delgado
Doutor en Información e Documentación pola Universitat de Barcelona e Doutor en Comunicación pola Universitat Pompeu Fabra, é profesor e secretario académico da Facultade de Información e Medios Audiovisuais da Universitat de Barcelona e director do posgrado en Contidos Social Media. Está especializado en curación de contidos e é autor de varias obras de referencia sobre a materia.
O seminario está coordinado por María Isabel Míguez González, Alberto Dafonte e Jabier Abuín Penas (Grupo de Innovación Docente) DIXITAIS.
Programa
O seminario consta de 3 sesións síncronas en liña a través de Campus Remoto complementadas por material adicional en Moovi. As sesións online son as seguintes:
Martes 27/09/2022 ás 17:30 Xosé López. Catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela:
“O papel do xornalismo dixital na verificación da información”.
Martes 04/10/2022 ás 17:30 Bella Palomo. Catedrática de Peridismo da Universidade de Málaga:
"Investigar la desinformación con enfoque constructivo: propuestas de transferencia".
Martes 11/10/2022 ás 17:30 Javier Guallar. Profesor do Departamento de Biblioteconomía, Documentación e Comunicación Audiovisual da Universidade de Barcelona:
“Curación de contenidos ante la desinformación”.
As persoas participantes terán acceso a todo o material xerado e á proba en liña en Moovi para certificar a superación do curso ata o 18 de outubro.
Calendario
A actividade desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 27 de setembro, 4 e 11 de outubro de 17.30 a 19 horas a través do Campus remoto.
A cuestionario estará dispoñible en Moovi data o 18 de outubro.
Impartido en
A parte síncrona virtual desenvolverase a través do Campus remoto. Uns días antes recibirá os contrasinais para poder entrar.
A parte asíncrona (cuestionario) empregarase a plataforma Moovi.
Observacións
Titorización:
Seguimento a través do foro e mensaxería de Moovi.
Sistema de avaliación
Asistencia ao 80 % das sesións presenciais e a superación dos exercicios propostos.
Asistencia ás sesións e realización dun cuestionario en liña sobre as conferencias e o material dispoñible en Moovi.