Metodoloxías didácticas para a docencia virtual
Información do curso
Metodoloxías didácticas para a docencia virtual
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PDPPDID22 | ||||
| Nome | Metodoloxías didácticas para a docencia virtual |
|
|||
| Modalidade | Virtual síncrona | ||||
| Horas | 15 | ||||
| Descrición | Os procesos de ensino e aprendizaxe co soporte plataformas en liña suscita actualmente un enorme interese entre o profesorado universitario. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986812035 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 26/04/2022 12:00 - 13/05/2022 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 24/05/2022 - 14/06/2022 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 10 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Obxectivos
- Definir as características principais da docencia en contornas virtuais.
- Detallar os recursos diversos para a mellora da docencia na súa modalidade virtual ou híbrida.
- Analizar estratexias de participación, seguimento, orientación e avaliación usando ferramentas dixitais na contorna virtual de ensino e aprendizaxe.
- Deseñar dinámicas e actividades poñendo en prácticas os recursos e estratexias anteriormente aprendidas en calquera das contornas docentes.
Profesorado
Guillermo Bautista Pérez
É doutor en Pedagoxía, profesor e investigador da Universitat Oberta Catalunya (UOC). Impartiu cursos de formación sobre a docencia virtual e híbrida en diferentes universidades nacionais e internacionais. É autor de diferentes libros e artigos sobre a materia. Entre eles pódese citar a publicación Didáctica Universitaria en Contornas Virtuais de Ensino e Aprendizaxe (Narcea Edicións).
Así mesmo, participa como investigador Grupo Smart Classroom Project (www.smartclassroomproject.com) e realiza asesoramento en diversos centros, concellos e institucións para mellorar os seus espazos de aprendizaxe.
Programa
- Características da docencia en liña en contornas virtuais e híbridas.
- Estratexias para a mellora docente co uso de ferramentas e contornas dixitais.
- Estratexias e ferramentas para mellorar a participación, a atención e a motivación nas clases virtuais.
- Estratexias para mellorar as actividades didácticas de aprendizaxe individual e colaborativa mediante as posibilidades das contornas virtuais.
- Estratexias para mellorar a aprendizaxe activa en contornas en liña (gamificación, aula investidas, proxectos, casos etc.).
- A avaliación nunha contorna en liña. Estratexias e recursos de seguimento e avaliación do estudantado.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do Campus remoto os días 24, 31 de maio e 14 de xuño de 12 a 14 horas.
Impartido en
Campus remoto.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % do curso.
- Superación de tres actividades.


