Curso práctico de aula invertida
Información do curso
Curso práctico de aula invertida
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPAI22 | ||||
Nome | Curso práctico de aula invertida |
|
|||
Modalidade | Virtual (síncrona e asíncrona) | ||||
Horas | 35 | ||||
Descrición | O curso desenvolve as competencias profesionais docentes necesarias para realizar un deseño tecno-pedagóxico de Aula Invertida nunha materia, e levalo á práctica. Trátase dun curso introdutorio e eminentemente práctico en torno ao modelo didáctico da Aula Invertida, de cara a ser empregado de xeito parcial ou total nunha materia e con especial insistencia na xeración de contidos educativos axeitados para este modelo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 05/04/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 18/05/2022 - 13/07/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Describir de xeito introdutorio e práctico as habilidades e ferramentas que se utilizan na posta en marcha dunha materia co modelo de aula invertida (flipped learning).
- Xerar pílulas educativas e podcast sinxelas.
- Facer unha avaliación diagnóstica con cuestionarios, enquisas ou vídeos enriquecidos.
- Introducir metodoloxías activas sinxelas na aula.
- Facer unha avaliación formativa (e sumativa) onde cobre especial relevancia a pregunta e a realimentación.
- Inserir a analítica de aprendizaxe no modelo de aula invertida.
- Analizar que é a gamificación, como se relaciona coa motivación e como nos pode axudar na aplicación do modelo de aula invertida.
- Deseñar e desenvolver unha lección de aula invertida.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Parte virtual síncrona: 18 de maio de 11 a 13 horas.
Parte virtual asíncrona: do 19 de maio ao 13 de xullo.
Programa
Os contidos están divididos en 6 módulos cunha carga de traballo estimada de 35 horas:
Módulo 1. Que é a aula invertida (flipped learning):
- Descrición das bases nas que se asenta o modelo de aula invertida.
Módulo 2. Creación de contidos educativos. O podcast:
- Características dos contidos educativos para o modelo de aula invertida.
- Tipos de contidos educativos axeitados para o modelo de aula invertida: Taboleiros de recursos, recursos interactivos, actividades H5P etc.
- A utilidade do podcast no modelo de aula invertida. Creación de podcasts educativos.
Módulo 3. Creación de vídeos educativos:
- Creación de vídeos educativos: elementos e características dun vídeo educativo.
- Elaboración de distintos tipos de vídeos educativos: vídeos en tempo real e vídeos baseados en animacións.
Módulo 4. Antes da aula invertida. A avaliación inicial ou diagnóstica:
- Posta en práctica dunha proposta de aula invertida antes da clase.
- Emprego de cuestionarios, enquisas ou vídeos enriquecidos con preguntas para a avaliación inicial.
- Emprego de analíticas da aprendizaxe na avaliación inicial para enfocar as sesións de clase.
Módulo 5. Despois da clase na Aula Invertida. A avaliación formativa e sumativa:
- Tarefas do alumnado e profesorado despois da clase invertida.
- Emprego de ferramentas para a avaliación do aprendido na lección de aula invertida
- Emprego de Analíticas de Aprendizaxe na avaliación formativa (para coñecer o progreso do noso alumnado, o seu grao de implicación, etc.) e tamén de cara a detectar casos de baixa motivación, absentismo, etc.
Módulo 6. Motivación no modelo de aula invertida. Deseño dunha lección de aula invertida:
- Os distintos tipos de motivación (intrínseca e extrínseca) e as teorías máis relevantes no ámbito educativo.
- Que é a gamificación, como se relaciona coa motivación e como nos pode axudar na aplicación do modelo de aula invertida.
- Metodoloxías activas na aula para mellorar a motivación nunha clase invertida.
- Deseño dunha lección de Aula Invertida que inclúa como principios activos da aprendizaxe a pregunta e a motivación.
Impartido en
A través da plataforma Moovi.
Observacións
Titorización:
Farase a través de foros, a través da retroalimentación das tarefas e a través do Campus remoto con cita previa.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas que superen o curso.
Profesorado
José Carlos López Ardao
É profesor titular da Universidade de Vigo e pertence ao departamento de Enxeñaría telemática.
Con 30 anos de experiencia docente nas materias de Redes de Ordenadores e Internet.
O seu campo de investigación estivo sempre relacionado coa análise de prestacións das redes de comunicacións e a enxeñería de tránsito, mais nos últimos 10 anos comezou a traballar e investigar tamén no ámbito da innovación educativa e, de xeito máis concreto, no estudo das relacións sociais na aula, e a aplicación da gamificación e do modelo de aula invertida na docencia. Nestes últimos anos ten impartido tamén numerosos cursos para profesorado, tanto en modalidade presencial como non presencial, esencialmente para a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia sobre Moodle, Gamificación na docencia e o modelo de aula invertida.
Sistema de avaliación
Cada módulo leva aparellada sempre a visualización dun vídeo con preguntas, unha lección e unha pequena proba de autoavaliación sobre a lección. Tras responder correctamente ás preguntas do vídeo e superar a proba (con intentos ilimitados), desbloquéase unha tarefa individual que implicará a entrega dun pequeno traballo. Este traballo será avaliado polos compañeiros/as e/ou titores/as, e sempre segundo unha guía de corrección ou unha rúbrica.
As 6 tarefas suman 100 puntos, e para superar o curso é necesario obter 80 puntos polo menos e asistir á sesión presencial. Para acadar os 80 puntos, haberá tarefas opcionais que permiten obter puntos extra.