Dúbidas e erros máis frecuentes en lingua galega na docencia
Información do curso
Dúbidas e erros máis frecuentes en lingua galega na docencia
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPGALPRIN22 | ||||
Nome | Dúbidas e erros máis frecuentes en lingua galega na docencia |
|
|||
Modalidade | Virtual (síncrona e asíncrona) | ||||
Horas | 25 | ||||
Descrición | Este curso está dirixido á comunidade docente e investigadora universitaria. Aclarará as principais dúbidas xurdidas durante a súa práctica profesional canto ao uso escrito e oral da lingua galega; incrementará a súa seguridade no uso do galego formal oral e escrito, e, consecuentemente, mellorará as súas competencias comunicativas nesta lingua. Ademais, achegará os recursos e coñecementos necesarios para que sexa capaz de detectar e resolver por si mesma as dúbidas lingüísticas fundamentais na súa práctica profesional. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
Área de Normalización Lingüística e Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/04/2022 12:00 - 27/05/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 06/06/2022 - 11/07/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Achegar os coñecementos e materias precisos para resolver de xeito autónomo e independente calquera das dúbidas lingüísticas principais da lingua galega que poidan xurdir na praxe docente.
- Achegar os coñecementos e recursos necesarios para poder detectar e corrixir de xeito autónomo e independente os erros lingüísticos orais e escritos xurdidos na praxe docente.
- Sensibilizar á comunidade educativa sobre a necesidade do uso da norma estándar culta do galego fronte a outras variedades.
Condicións de acceso
Posuír un coñecemento previo en lingua galega medio, semellante a un CELGA 3 ou a un B2 do Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL) do Consello de Europa.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Parte virtual asíncrona 1: do 6 de xuño ao 10 de xullo.
Proba final síncrona: 11 de xullo de 16 a 17 horas.
Traballo autónomo do alumnado: 24 horas.
Titorías ou sesións virtuais síncronas voluntarias (1 hora), que se poderían solicitar para ser realizadas nalgún dos días comprendidos entre:
- a semana do 20 ao 24 de xuño
- a semana o 4 ao 8 de xullo
Programa
Unidade 1 – A acentuación e o acento diacrítico. (1 hora)
Unidade 2 – O xénero gramatical e a formación do plural (2 horas)
Unidade 3 – As principais dúbidas co artigo, os demostrativos e os posesivos. As contraccións (2 horas)
Unidade 4 – As principais dúbidas cos relativos, os numerais, os indefinidos, os exclamativos e os interrogativos (1 hora)
Unidade 5 – As principais dúbidas co pronome persoal (2 horas)
Unidade 6 – As principais dúbidas coas preposicións, coas conxuncións e coas comparativas (1 hora)
Unidade 7 – Usos e formas verbais erradas (2 horas)
Unidade 8 – Repaso dos contidos estudados (1 hora)
Unidade 9 – Algunhas consideracións sobre os adverbios e os marcadores discursivos (1 hora)
Unidade 10 – As principais dúbidas ortotipográficas (3 horas)
Unidade 11 – Cuestións léxicas (3 horas)
Unidade 12 – O rexistro culto na docencia I: os erros máis frecuentes na oralidade e recomendacións (1 hora)
Unidade 13 – O rexistro culto na docencia II: algunhas melloras na redacción e no estilo (1 hora)
Unidade 14 – O rexistro culto na docencia III: a linguaxe non discriminatoria (2 horas)
Unidade 15 – Repaso final dos contidos (2 horas)
Impartido en
A través da plataforma Moovi e do Campus virtual.
Observacións
Titorización:
Desenvolverase fundamentalmente mediante a corrección das tarefas e dos exercicios achegados mediante a plataforma Moovi.
Após a realización e corrección de cada unha das tarefas e exercicios, achegarase o solucionario correspondente para que o alumnado sexa capaz de exercitar o aprendido de xeito autónomo.
A(s) titoría(s) virtuai(s) síncrona(s) será(n) de carácter voluntario e será(n) impartida(s)s individualmente ou en grupo mediante o campus remoto, despois dun consenso da aula. A duración total das titorías individuais non superaría a hora por cada alumno/a. For individual ou for grupal, a(s) titoría(s) debería(n) ser realizada(s) nalgún dos días comprendidos entre:
- a semana laboral do 20 ao 24 de xuño
- a semana laboral do 4 ao 8 de xullo
Para poder solicitar e asistir á(s) titoría(s) será un requisito esencial ter as tarefas e exercicios ao día.
Titulación
A superación da actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.
Profesorado
Luís López Alonso
Graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo e licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, é docente dalgúns dos cursos ofertados pola Área de Normalización Lingüística e desenvolve o seu labor investigador no Departamento de Tradución e Lingüística Xeral da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.
Sistema de avaliación
Para poder presentarse a proba final é preciso entregar nos prazos prescritos a totalidade de tarefas e exercicios propostos. Estas entregas terán un valor porcentual dun 20 % da cualificación final.
A proba final síncrona terá un valor porcentual do 80 % da cualificación final.