Perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria: enfoque integral
Información do curso
Perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria: enfoque integral
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPER22 | ||||
Nome | Perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria: enfoque integral |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 10 | ||||
Descrición | O enfoque integral ou transversalización da perspectiva de xénero na investigación e a docencia universitaria remite á análise do modo en que se deseña a investigación, así como ao proceso de ensinoaprendizaxe das materias co obxecto de planificar accións dirixidas a omitir posibles nesgos de xénero en cada un dos seus elementos e dimensións. A súa inclusión permite, entre outros: reflexionar de forma crítica sobre as relacións de xénero e estimular o pensamento crítico; repensar as prácticas en investigación e docencia; incrementar a calidade científica e docente; incrementar a relevancia social da produción científica e transmisión de coñecemento; afondar nas necesidades sociais e responder os requirimentos crecentes de institucións financiadoras e revistas científicas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 16/02/2022 12:00 - 20/05/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 30/05/2022 - 08/06/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Identificar a investigación e docencia cega ao xénero.
- Definir en que consiste a perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria.
- Detectar nesgos de xénero na investigación e na docencia universitaria.
- Desenvolver destrezas e habilidades para incluír a perspectiva de xénero nos procesos de investigación e docencia universitaria seguindo un enfoque integrador.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do Campus remoto os días 30 de maio, 1, 6 e 8 de xuño de 10 a 12.30 horas.
Programa
- Introdución: docencia e investigación sensible ao xénero:
-Principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na investigación e docencia universitaria: marco normativo.
-A Universidade: unha institución de xénero.
-Nesgos de xénero en investigación e docencia universitaria.
-Que é a perspectiva de xénero en investigación e docencia?
-Achegas desde as epistemoloxías e pedagoxías feministas.
-Que beneficios achega a inclusión da perspectiva de xénero na investigación e na docencia universitaria? - Enfoque integral ou transversal da perspectiva de xénero:
-Enfoques para a inclusión da perspectiva de xénero.
-A transversal da perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria
-A transversal da perspectiva de xénero, é unha investigación e docencia sobre as mulleres?
-A transversal da perspectiva de xénero, pode contemplarse en todas as liñas de investigación, materias, estudos, formación universitaria? - Proposta para a inclusión da perspectiva de xénero de forma transversal na investigación (produción científica):
-Investigación sensible ao xénero e á diversidade.
-Inclusión da perspectiva de xénero nas fases dun proxecto de investigación: idea, preguntas, investigación e difusión. - Proposta para a inclusión da perspectiva de xénero de forma transversal na docencia universitaria:
-Inclusión da perspectiva de xénero no currículo formal: competencias, obxectivos, resultados de aprendizaxe, contidos, avaliación e bibliografía das materias.
-Inclusión da perspectiva de xénero no currículo oculto: recursos docentes, método docente e modalidades organizativas na aula.
Impartido en
Campus remoto.
Profesorado
María José Rodríguez Jaume
É doutora en Socioloxía ( UA). Foi directora da Unidade de Igualdade (2010-2020) e vicerreitora de Responsabilidade Social, Inclusión e Igualdade (2016-2020) da Universidade de Alacante.
Coordinou o do Grupo de Traballo de Políticas de Xénero da CRUE (2018-2020), a Guía de recomendacións para a inclusión da perspectiva de xénero na universitaria (UA, 2017) e cocoordinou a colección de Guías para unha docència universitària con perspectiva de xénero da Xarxa Vives d’ Universitats.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % do curso.
- Superación dos exercicios, cuestionarios e elaboración dun proxecto práctico.