Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable

Información do curso

Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPINV21
Nome Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 20
Descrición

Este curso axuda a desenvolver aplicacións móbiles para android, dende a súa concepción, o bocetado, a programación (sen necesidade de coñecer linguaxes de programación) mendiante compiladores de aplicacións como AppInventor e Thunkable, a exportación e a instalación das aplicacións nos diferentes teléfonos móbiles e tablets que funcionen baixo o sistema operativo Android.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/10/2021 12:00 - 15/11/2021 23:59
Período de docencia 18/11/2021 - 16/12/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Comprender os principios do deseño de aplicacións para móbiles.
  • Identificar os diferentes tipos de aplicacións.
  • Capacidade para crear prototipos funcionais de apps webs móbiles para android.
  • Capacidade para crear  prototipos funcionais apps webs nativas para android.
  • Dominar os principais elementos de interacción das aplicacións móbiles: botóns, canvas, integración con outros elementos do teléfono móbil (mail, fotos, mapas...).

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade semipresencial.
A parte virtual síncrona desenvolverase no Campus remoto os días 18, 25 de novembro, 2, 9 e 16 de decembro de 10 a 13 horas.
A parte virtual asíncrona desenvolverase a través de Moovi.

 

Programa

  • Aproximación á filosofía no-code e low-code.  Usos docentes. Borrador da aplicación.

  • Deseño de aplicacións con AppInventor I.

  • Deseño de aplicacións con AppInventor II.

     

  • Exportación e instalación das aplicacións.

  • Outros fork de AppInventor e extensións. 

Impartido en

A parte virtual síncrona desenvolverase no Campus remoto.
A parte virtual asíncrona desenvolverase na plataforma Moovi.

Observacións

É moi recomendable que os/as participantes teñan algún tipo de diposisitivo android no que poidan instalar e facer funcionar as súas aplicacións Android.

Profesorado

Luis Xabier Martínez Rolán

É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, con experiencia en xestión de contidos web e redes sociais para empresas e institucións ata 2017, momento no que se incorpora á Universidade como Profesor Axudante Doutor.

De 2013 a 2019 impartiu varias materias relacionadas co obxecto do curso. Entre elas, a materia “Proxectos interactivos en novos medios: telefonía móbil e TDT” na que aborda o proceso de idea, prototipado e plan de viabilidade dunha aplicación para dispositivos móbiles, empregando AppInventor e Thunkable na parte práctica da materia.

 

Sistema de avaliación

  • Asistencia e participación no curso (20 % da nota total). Será obritatoria a presencialidade no 80 % das horas presenciais.
  • Sistema de avaliación continua: entrega de diferentes aplicacións (prácticas de clase) a través de Moovi (50 % da nota total).
  • Entrega de proxecto persoal de aplicación móbil orientada á docencia (30 % da nota total).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos