Metodoloxías PBL e Design Thinking en materias orientadas a realizar proxectos

Información do curso

Metodoloxías PBL e Design Thinking en materias orientadas a realizar proxectos


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPBL21
Nome Metodoloxías PBL e Design Thinking en materias orientadas a realizar proxectos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A utilización de metodoloxías activas no ensino superior responde á necesidade de implicar e responsabilizar ao estudantado no seu proceso de aprendizaxe.

Fundamentalmente útiles determináronse as metodoloxías: a Aprendizaxe Baseada en Proxectos ou Problemas (PBL), a Aprendizaxe-Servizo ( ApS), a Aprendizaxe Colaborativa (AC) e o denominado Design Thinking xa que permiten que o alumnado busque, analice e estruture de forma crítica, construtiva e innovadora as respostas a un problema real.

Estas metodoloxías permiten organizar o proceso de ensino-aprendizaxe combinando o necesario traballo individual do alumnado co traballo colaborativo para a consecución das diferentes competencias descritas nas diferentes materias. A súa eficacia radica fundamentalmente no aumento da motivación do alumnado ao ter que aplicar os coñecementos adquiridos a problemas reais da súa futura actividade laboral.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 30/07/2021 12:00 - 13/09/2021 23:59
Período de docencia 23/09/2021 - 30/09/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Recoñecer e diferenciar as principais características das metodoloxías  PBL,  ApS, AC e  Design  Thinking.
  • Deseñar un proceso didáctico para implantar estas metodoloxías na educación superior.
  • Seleccionar instrumentos de avaliación e cualificación acordes coas competencias da materia ao aplicar ditas metodoloxías e o tipo de avaliación.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Parte presencial:  23 e 30 de setembro de 16 a 20 horas. No salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Parte non presencial: 4 horas de titorías polo Campus Remoto.

Desenvolvemento de traballo individualizado e grupal (8 horas).

Programa

  • Características das metodoloxías activas: Aprendizaxe Baseada en Proxectos, Aprendizaxe-Servizo  e Aprendizaxe Colaborativa.
  • Proceso didáctico para a implantación de metodoloxías activas.
  • Tipos e técnicas de avaliación coherentes con metodoloxías activas.

Impartido en

É un curso semipresencial:
As sesións presenciais desenvolveranse no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo.
As sesións de titorías (4 horas) desenvolveranse a través do Campus remoto.

Profesorado

Margarita Pino Juste

É catedrática do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo.
A súa ampla traxectoria profesional conta coa participación en numeroso proxectos coma ACTIVATE sobre Diseño y evaluación de proyectos por competencias para la mejora de habilidades cognitivas y Psicomotoras, Aprendizaje-Servicio y empleabilidad de los/as estudiantes universitarios/as en España: competencias para la inserción laboral, Escuelas que caminan hacia la inclusión educativa, trabajar con la comunidad local, la voz del alumnado y el apoyo educativo para promover el cambio. A elaboración de libros como  Diseño y desarrollo del curriculum, Organización de centros educativos en la sociedad del conocimiento, Diseño y evaluación de programas educativos en el ámbito social, Neuroeducación o las nuevas coordenadas del éxito educativo, Metodologías activas como clave en los procesos de innovación en la escuela ou Competencia para ejercer una ciudadanía activa y comprometida. E a presentación de múltiples comunicacións a congresos.

José Antonio Alonso Rodríguez

É profesor titular do Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo.  Coordina o Grupo de Innovación Docente ReD-IS (Red Educativa Docente Innovación en la Sociedad). Ten un Mestrado en Lingua e Comunicación nos Negocios. Ten experiencia traballando con metodoloxías de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (PBL), Design Thinking e outras técnicas de innovación educativa.

José Luis González Cespón

É profesor titular do Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo.  Participa Grupo de Innovación Docente ReD-IS (Red Educativa Docente Innovación en la Sociedad). Ten experiencia traballando con metodoloxías de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (PBL), Design Thinking e outras técnicas de innovación educativa.

Sistema de avaliación

  • Requerirase un mínimo de asistencia do 80 %. Ás clases teóricas requerirase un 60 % de asistencia.
  • Presentación dun deseño didáctico esquemático empregando as metodoloxías empregadas (40 %).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos