Competencias emprendedoras para o profesorado (Campus de Vigo)
Información do curso
Competencias emprendedoras para o profesorado (Campus de Vigo)
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PFPPEMPRENDE211 | ||||
| Nome | Competencias emprendedoras para o profesorado (Campus de Vigo) |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 24 | ||||
| Descrición | Formación do profesorado da Universidade de Vigo con inquietude de promover a actitude emprendedora entre os estudantes universitari@s, con independencia de que estean ou non relacionados coas áreas temáticas docentes de xestión empresarial. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986812035 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente), Área de Emprego e Área de Transferencia (Vicerreitoría de Extensión Universitaria).
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 26/04/2021 12:00 - 21/05/2021 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 25/05/2021 - 03/06/2021 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 10 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Obxectivos
- Acompañar ao profesorado universitario para estimular a actitude emprendedora entre o estudando, promovendo así a mellora das súas capacidades profesionais e con iso, a súa empregabilidade.
- Implicar a profesionais e empresariado na transmisión das súas experiencias para facilitar a aprendizaxe das persoas participantes no curso.
- Facilitar o intercambio de experiencias entre o profesorado implicado.
- Dotar ao profesorado das ferramentas adecuadas para poder transferir os coñecementos adquiridos aos seus estudantes.
- Mellorar a empregabilidade e a actitude do alumnado durante a súa traxectoria como estudantes e como plataforma de preparación para o mercado laboral
- Cocrear unha Rede de docentes emprendedor@s co fin de xerar un ecosistema como escenario propicio, dentro da Universidade de Vigo, para actuacións futuras de maior calado.
Profesorado
Luis García Deber
https://www.linkedin.com/in/luis-garc%C3%ADa-deber-7260bb11/?originalSubdomain=es
Rafael Vázquez Cobas
https://www.linkedin.com/in/rafavazquezgo/?locale=en_US
Programa
- Como atopar a motivación emprendedora e transmitila na aula?
- Metodoloxía Apoena (aprender a escoitar para obter o mellor feedback).
- CanvasU: practicar a autoavaliación.
- Competencias Emprendedoras: os tres motores da motivación.
- Metodoloxía Effectuation: emprender cos recursos dispoñibles.
- Out of the Box: emprender é unha actitude.
Calendario
Desenvolverase os días 25, 26, 27 maio, 1, 2 e 3 de xuño de 16 a 20 horas.
Impartido en
Campus de Vigo. Aula Pensadoiro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Observacións
En caso de que as condicións sanitarias non permitan realizar o curso presencialmente, levarase a cabo a través do Campus remoto.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.
O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.
Ademais, as persoas participantes obterán un certificado de pertenza á Rede de docentes emprendedor@s da Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
Asistencia ao 80 % das sesións formativas (8 das 10 sesións).


