Curso de extensión cultural
Información do curso
Curso de extensión cultural
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00007 | ||||
Nome | Curso de extensión cultural |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 75 | ||||
Descrición | Curso virtual dirixido a estudantes de programas de intercambio validable por 2,5 ECTS. Consta de 75 h (50 horas de clases telepresenciais + 25 horas de actividades) Virtual course for students exchange programme with a recognition of 2,5 credits ECTS. This course consists of 75 h (50 online hours on Campus Remoto + 25 hours of activities) |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Introdución histórica, antropolóxica, lingüística e cultural do universo galego.
Galician world: Historical, anthropological, linguistic and cultural introduction.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 08/02/2021 09:00 - 26/02/2021 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 02/03/2021 - 13/05/2021 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 2.5 |
Destinatarios/as
Estudantes de programas de intercambio.
Students exchange programme.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
O alumnado deberá acreditar a súa pertenza á Universidade de Vigo presentando na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.gal), unha copia do Documento de aceptación (Letter of acceptance).
Registration will be strictly by order of inscription.
The student will be required to provide that he/she belongs to the Universidade de Vigo. He/she has to submit a copy of the Letter of acceptance, either in person or by email (anl@uvigo.gal) or post in Área de Normalización Lingüística.
Calendario
Horario das clases telepresenciais:
Martes e xoves, de 16.00 a 18.30 h
Online classes: Tuesday and Thursday, from 16:00 to 18:30 h
Programa
PROGRAMA
Unidade 1 (5 horas)
A presentación persoal I: o nome, a procedencia, a ocupación
- O abecedario
- A pronuncia de nh e x
- O artigo determinado e o artigo indeterminado
- Os pronomes persoais de suxeito
- O presente de indicativo dos verbos ser, estar e ter
- Léxico: países e nacionalidades
Galicia, país atlántico: xeografía e territorio I
- Clima e paisaxe. Características físicas: ríos, rías, serras... Léxico do tempo atmosférico e da flora
- Territorio: comarcas, parroquias, aldeas
Unidade 2 (5 horas)
A presentación persoal II: a idade, o estado civil
- Os pronomes interrogativos
- As contracción de preposición e artigo
- Os números de 0 a 20
- Os adverbios de lugar: preto, lonxe, a carón...
- O presente dos verbos regulares
- Léxico: as profesións, os lugares de traballo e establecementos
Galicia, país atlántico: xeografía e territorio II: lugares de interese turístico
Arquitectura popular: os hórreos, os muíños e os pombais
Unidade 3 (5 horas)
Saudar. Fórmulas usuais de saúdo e de despedida
- As vogais en galego
- Os pronomes ti e vostede
- O determinante posesivo I
- Os números de 20 a 100
- As preposicións: ata/até e deica. O adverbio aínda (que) e malia que...
- O presente dos verbos querer, poder e dar
- Léxico: as partes do día e as comidas
Lingua galega
- Territorios de fala. Status legal da lingua. Datos de uso
- Sociolingüística: historia social da lingua. Prexuízos e actitudes lingüísticas
Unidade 4 (5 horas)
Expresar gustos, intereses, afeccións e preferencias. Expresar dificultade
- As letras g, gu e gü. A diérese. A gheada
- Os pronomes átonos de CD e de CI
- Os verbos gustar, custar, interesar e preferir
- O adverbio O substantivo xeito e o adxectivo axeitado/a
- O copretérito
- Léxico: deportes, tempo libre e actividades cotiás
Etnografía
- As tradicións ligadas ao outono: o magosto, o samaín e a matanza
- A vendima. A cultura do viño
Arquitectura: cruceiros e cruces de pedra. O pazo galego
Unidade 5 (5 horas)
Dar consellos. Felicitar. Falar de datas
- As letras c, z, qu. O seseo
- A colocación do pronome átono
- Os números de 100 a 1000
- Verbos con alternancia vocálica: durmir e seguir
- Verbos dicir, facer e ir
- Léxico: as estacións, os meses do ano. Léxico das relacións de parentesco
Historia: a cultura castrexa
Gastronomía: pratos típicos, produtos e festas gastronómicas. Léxico da alimentación
Unidade 6 (5 horas)
Describir a alguén. A descrición física e da personalidade
- As regras de acentuación
- O posesivo II
- A preposición dende/desde
- O adverbio e o adxectivo só
- O futuro de indicativo
- Léxico: as partes do corpo. As cores. Adxectivos da descrición física e da personalidade
Música: a música tradicional. A muiñeira, o ritmo e a danza tradicional
Lingua e literatura: do latín ao galego. O esplendor literario da Idade Media: as cantigas galego-portuguesas
Unidade 7 (5 horas)
A descrición humana: a vestimenta
- Os demostrativos
- A formación do plural I
- As perífrases ter que + inf./ir + inf.
- O verbo levar e levarse
- Léxico: a vestimenta
Música: a música folk. Formacións musicais, cantantes etc.
Lendas e tradicións: a Santa Compaña. A queimada e o esconxuro. Santo André de Teixido
Lingua e literatura: dos Séculos Escuros ao Rexurdimento
Unidade 8 (5 horas)
A expresión do tempo: dar a hora
- Os grupos -cc- e -ct-
- A formación do feminino
- Os adverbios de tempo: axiña, deseguido, cedo...
- O pretérito de indicativo dos verbos regulares
- Léxico: os días da semana, as partes do día e as comidas
Lingua e literatura: Rosalía de Castro
Etnografía: o entroido. Personaxes: peliqueiros, cigarróns, felos, pantallas, boteiros etc.
Unidade 9 (5 horas)
Un día normal: a expresión de accións cotiás
- Os verbos reflexivos e pronominais
- O pretérito dos verbos irregulares
- O xerundio
- Léxico: as tarefas da casa. Partes da vivenda
Lingua e literatura: Manuel Curros Enríquez. Eduardo Pondal. O himno galego
Etnografía: a festa dos Maios e o San Xoán.
Unidade 10 (5 horas)
A emigración e a creación do himno, da bandeira e da RAG
Lingua e literatura: Castelao: o artista e o político
A imaxe de Galicia e da poboación galega: os estereotipos
Música actual: diferentes estilos e grupos (folk, hip-hop, pop, punk, rock, ska etc.)
Modo de pagamento
De balde
For free
Impartido en
É un curso virtual.
It is a virtual course.
Observacións
O curso estará recoñecido con 2,5 créditos ECTS.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
The course will be recognised with 2,5 credits (ECTS).
Minimums of 15 people pre-registered are established. If that number is not reached, this course could be cancelled and pre-registered students will be notified. Maximum: 30 students.
Titulación
Todas as titulacións.
All degrees.
Profesorado
María Bernárdez Fernández
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, expedido pola Xunta de Galicia, requírese asistir ao 85 % das clases telepresenciais e realizar o 100 % das actividades, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesorado.
In order to obtain the corresponding certificate, issued by the Galician Government, you must attend at least 85% of the online programme, do all the activities and pass the exam.
Data da proba final en liña: 18 de maio, de 17.00 a 18.00 h
Online final exam: 18th May, from 17:00 to 18.00 h