Metodoloxías activas: Flipped learning-aprendizaxe inversa II (Modalidade virtual)
Información do curso
Metodoloxías activas: Flipped learning-aprendizaxe inversa II (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPFLIP120 | ||||
Nome | Metodoloxías activas: Flipped learning-aprendizaxe inversa II (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 15 | ||||
Descrición | A formación responde a unha das preguntas máis reiteradas que se expoñen cando a aplicamos na aula. Cales son as formas máis efectivas, motivantes e innovadoras de empregar o tempo de clase co noso estudantado? Este curso é un compendio de experiencias e boas prácticas sobre como xestionar o espazo grupal e desenvolver dinámicas de aprendizaxe activa. Aprenderás como ir «máis alá» das estratexias básicas do modelo de clase «ao revés» para apoiar outras relacionadas coa aprendizaxe activa. Estas estratexias pedagóxicas inclúen: Gamificación, Mastery Learning, Espazos de aprendizaxe, Aprendizaxe Baseada en Proxectos, Aprendizaxe entre Iguais, Indagación, Team Based Learning, Estilos de aprendizaxe de Kolb e un módulo completo sobre como acceder, analizar e aplicar as últimas investigacións sobre o flipped classroom. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Flipped Learning-aprendizaxe inversa nivel II insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 20/05/2020 12:00 - 08/06/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 15/06/2020 - 12/07/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo que cursou formación básica sobre o Flipped Learning.
Obxectivos
-
Repasar os conceptos básicos do modelo Flipped Learning (FL) e a súa relación con metodoloxías activas.
-
Tipos de metodoloxías activas, indutivas e híbridas.
-
Analizar cales delas son as mais apropiadas para a natureza propia das nosas materias
-
Analizar e concretar a necesaria conexión entre espazo individual e espazo grupal.
-
Coñecer o ciclo de aprendizaxe proposta por Kolb.
-
Recoñecer os 4 estilos de aprendizaxe
-
Identificar o noso propio estilo de aprendizaxe
-
Analizar os elementos que inciden na aprendizaxe segundo diversos estudos e meta-análises.
-
Deseñar un proxecto para FL conectada con estratexias indutivas.
Calendario
Do 15 de xuño ao 12 de xullo.
Programa
- Repaso ao modelo de aprendizaxe inversa.
- Análise do elementos e factores de impacto na aprendizaxe dos nosos/as estudantes.
- Tipos de metodoloxías activas na aula universitaria.
- Deseño do traballo online aplicable ás metodoloxías activas.
- Sobre os estilos de aprendizaxe ( Kolb).
- Aplicabilidade dos estilos de aprendizaxe de Kolb.
- Deseño actividade docente por grupos.
- Metodoloxía ABP (Diferenzas entre ABP Problemas ou Proxectos).
- Peer Instruction.
- Just in Time Teaching.
- Mastery Learning.
- Gamificación.
- Team Based Learning (TBL).
- Novidades sobre factores de impacto na aprendizaxe: John Hattie.
- Novidades sobre factores de impacto na aprendizaxe: The Education Endowment Foundation (EEF) .
- Investigación no ámbito de distinto ámbitos de coñecemento, o modelo de aprendizaxe inversa e metodoloxías activas.
Impartido en
Modalidade virtual.
Observacións
Acreditación da formación:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.
Profesorado
Raúl Santiago Campión
Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Navarra. Profesor Titular da área de Didáctica e Organización Escolar da Universidad de La Rioja.
Autor /Coautor entre outros libros, de:
The Flipped Classroom: como converter a escola nun lugar de aprendizaxe.
Metodoloxías inductivas: O desafío de ensinar mediante o cuestionamiento e os retos.
Tecnoloxía móbil e innovación en educación: novos retos e realidades na aula.
Learning Analytics: A narración da aprendizaxe a través dos datos.
The flipped Classroom: 33 experiencias que poñen patas para arriba a aprendizaxe.
Aprender ao revés: Flipped Learning 3.0 e Metodoloxías Indutivas na aula