Deseño e creación de podcast educativos (Modalidade virtual)
Información do curso
Deseño e creación de podcast educativos (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPR20POD | ||||
Nome | Deseño e creación de podcast educativos (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Este curso está orientado a descubrir e comprender as potencialidades do Podcast como ferramenta educativa. Ao longo do curso os participantes aprenderán a facer un guión, gravar os «audios» e montar e editar o seu propio podcast para compartir en servizos de distribución de podcasts ou nas ferramentas de teledocencia (Moodle, blog...). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Deseño e creación de podcast educativos insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 15/05/2020 12:00 - 28/05/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/06/2020 - 30/06/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Coñecer as potencialidades dos podcast como ferramenta educativa.
- Adquirir os coñecementos precisos para integrar con éxito as diversas tipoloxías de podcast na práctica docente tanto en modalidades de ensino presencial como virtuais e semipresenciais.
- Deseñar, desenvolver e distribuir podcast empregando ferramentas e recursos accesibles tanto para o profesorado como para o alumnado.
Calendario
Do 1 ao 30 de xuño.
Programa
Módulo 1. Introdución
Unha aproximación ao concepto de podcast.
O emprego de podcast na academia. Da comunicación institucional á divulgación científica.
Os podcast como materiais para o ensino-aprendizaxe. Potencialidades.
Tipoloxías de podcast educativo.
Exemplos de podcasting no ensino universitario.
Módulo 2. Deseño de podcast educativo
Posibilidades de integración de podcast no deseño didáctico dunha materia.
Obxectivos.
Planificación.
Estrutura.
Guión. Escribir para escoitar.
Contidos.
Duración.
Módulo 3. Creación de podcast educativo
Ferramentas de gravación de audio.
Proceso de gravación.
Ferramentas de edición: Audacity, Garageband & Anchor.
Proceso de edición.
Módulo 4. Distribución
Repositorios de podcast.
Subir e distribuir podcast en ditas plataformas.
Integrar podcast en Moodle.
Impartido en
Modalidade virtual.
Observacións
Acreditación:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen o curso coa calificación de aptas.
Profesorado
Teresa Piñeiro Otero
Profesora contratada doutora na Universidade da Coruña. Imparte docencia relacionada co son nas materias «Ambientación sonora e musical» e desenvolve grande parte da súa actividade académica ligada aos estudios radiofónicos e uso de voz e música en cine, videoxogos e outras estruturas narrativas.
Luis Xabier Martínez Rolán
Profesor Axudante doutor na Universidade de Vigo, especializado en comunicación dixital. Ten un podcast en activo chamado «Zona Wifi: Fóra de cobertura».