Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo (Modalidade virtual)
Información do curso
Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPWORD20VIR | ||||
Nome | Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O curso busca que o profesorado poida xerar e modificar os contidos en blogs e webs, identificando as necesidades de comunicación e a personalizando os contidos e deseño. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 21/04/2020 12:00 - 22/05/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/06/2020 - 30/06/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Comprender a linguaxe HTML para a creación e modificación de contidos en blogs e webs.
- Capacidade para instalar e manter o CMS WordPress.
- Identificar temas e complementos de WordPress en webs externas para o seu emprego nunha web persoal.
- Identificación de necesidades de comunicación en WordPress e a súa solución.
- Personalización de contidos e deseño dunha web con WordPress empregando compositores visuais que non requiren programación.
Calendario
Do 1 ao 30 de xuño.
Programa
- Introducción. Que é WordPress. diferentes versións. Cal escollo?
- Instalación de WordPress:
- Instalación local.
- Instalación en hosting gratuíto.
- Instalación en espazo web UVigo.
- Configuración WordPress:
- Axustes xerais.
- Usuariado e roles.
- Contidos en WordPress:
- Páxinas.
- Entradas e comentarios.
- Biblioteca de medios.
- Menús.
- Funcionalidades en WordPress:
- Instalación de plugins.
- Shortcodes.
- Como escoller un plugin.
- Personalización en WordPress (I):
- Selección e instalación de templates.
- Personalización de templates.
- Personalización en WordPress (II):
- Maquetadores visuais. Gutemberg
- Maquetación web sinxela con Gutemberg.
- Maquetadores visuais. Elementor.
- Algunhas funcionalidades útiles para a docencia (estes contidos prepáranse en función do que precisen os/as participantes, todos os cursos teñen inquedanzas diferentes. En función da necesidade do grupo, propoño solucións para as súas webs aquí).
- Optimización de WordPress:
- Axustes de seguridade.
- Axustes de SEO.
- Axustes de Analítica Web.
- Axustes de velocidade.
Impartido en
A través de FaiTIC.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.
Observacións:
É imprescindible que os/as asistentes ao curso teñan unha conta de correo do tipo "nome@uvigo.es" e que soliciten ao saum@uvigo.es a alta do espazo web asociado e a correspondente base de datos para poder hospedar a instalación do WordPress.
Profesorado
Luis Xabier Martínez Rolán
Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, con ampla experiencia no desenvolvemento e mantemento de webs baseadas en Wordpress. Actualmente imparte un Módulo de Wordpress no Mestrado de Marketing Digital da USC (2015 – actualidade) e impartiu dous cursos de Introdución de Wordpress (20h) entre o profesorado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Campus de Pontevedra (2016 e 2017).