Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)
Información do curso
Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPINFO20VIR | ||||
Nome | Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Creación de infografías e deseños vectoriais insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2020. O curso está xestionado pola Oficina de Software Libre.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 08/04/2020 12:00 - 23/04/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 11/05/2020 - 12/06/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Comprender os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
- Afondar na capacitación no uso de ferramentas dixitais para a creación de imaxes vectoriais.
- Ser quen de personalizar as contornas de traballo da edición vectorial, así como as súas ferramentas e as opcións.
- Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as composicións gráficas desexadas.
- Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
- Crear ou modificar calquera tipo de composición visual, para combinala en calquera proxecto.
- Dominar os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
Mellorar a calidade de calquera traballo dixital (presentacións, memorias, páxinas web...).
Calendario
Do 11 de maio ao 12 de xuño.
Programa
- Introdución (2 horas):
-Software gráfico libre e non libre.
-Obtención e instalación.
-Tipos de imaxes e usos.
-Interface gráfica de Inkscape.
-Obtención de recursos gráficos legais. - Deseño vectorial básico (6 horas):
-Manexo básico de obxectos.
-Formas, propiedades e transformacións.
-Orden Z e capas.
-Textos e caligrafía.
-Recheos, gradientes e trazos.
-Copiar, duplicar e clonar. - Nodos e trazos (6 horas):
-Transformacións a trazos.
-Operacións booleanas.
-Manexo de nodos.
-Simplificación.
-Vectorización. - Infografías (3 horas):
-Significado e busca de información.
-Composición e proporción estética.Trucos e consellos para un ilustrador/a.
-Exemplos e traballos completos. - Efectos e filtros adicionais (3 horas):
-Filtros.
-Extensións.
-Pixart.
-Interpolacións.
-Máis efectos artísticos.
Impartido en
Modalidade virtual.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen as actividades do curso.
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Inkscape. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta.
Participación (10 horas de conexión como mínimo).
Avaliación continua, a través da realización de exercicios, consulta nos foros...
Posibilidade dunha proba final.
Profesorado
Óscar Fernández Carballo
Enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).