DESCUBRE O SEGREDO DA VERDADEIRA BUSCA ACTIVA DE EMPREGO
Información do curso
DESCUBRE O SEGREDO DA VERDADEIRA BUSCA ACTIVA DE EMPREGO
Tipo | Actividade de formación | ||||
Código | AEE/2020/BAE/1 | ||||
Nome | DESCUBRE O SEGREDO DA VERDADEIRA BUSCA ACTIVA DE EMPREGO |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Descrición | A busca de emprego nunca foi unha tarefa fácil. Sempre houbo períodos con mais demanda e outros con menos, segundo a situación económica e social do momento. Pero independentemente da demanda, un factor chave á hora de atopar un emprego é a proatividade da persoa candidata. Neste período que nos está tocando vivir, os efectos que vai causar a crise da pandemia do Covid-19 non parece que vaian ter precedentes a nivel mundial. Neste contexto, as empresas van necesitar mais que nunca talento humano que lles axude a superar a delicada situación actual. Conscientes da complexa situación actual, nova e descoñecida para todos e todas, desde a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, queremos seguir apostando pola empregabilidade do alumnado e das persoas recen tituladas na nosa universidade. Para isto, e adaptándonos ás novas modalidades de docencia, pomos a disposición da comunidade universitaria un curso online para que durante o seu confinamento siga traballando o seu desenvolvemento profesional. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | +34 986 818 710 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Mª Reyes Fernández González
Técnica Superior en Orientación Laboral
Área de Emprego e Emprendemento
Universidade de Vigo
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 01/04/2020 09:30 - 14/04/2020 14:30 |
---|---|
Período de matrícula | 01/04/2020 09:30 - 14/04/2020 14:30 |
Período de docencia | 15/04/2020 - 15/05/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 100 |
Créditos teóricos | 1 |
Créditos prácticos | 2 |
Créditos ECTS | 1 |
Destinatarios/as
Estudantes co 70% dos créditos da titulación a cursar superados ou recentemente tituladas/os da Universidade de Vigo
Obxectivos
Este curso proporcionará ferramentas necesarias para que ao final da formación o alumnado participante sexa capaz de:
- definir obxectivos e metas persoais e profesionais
- coñecer o concepto de busca activa de emprego (e a súa diferencia coa busca pasiva)
- planificar a busca de emprego
- coñecer ferramentais habituais de mellora da empregabilidade (autocandidatura, curriculum vitae, carta de presentación, Linkedin)
- por en práctica habilidades precisas para superar con éxito un proceso de selección e/ou entrevista laboral.
Condicións de acceso
Estudantes co 70% dos créditos da titulación a cursar superados ou recentemente tituladas/os da Universidade de Vigo
Criterios de selección
Por rigorosa orde de rexistro.
Calendario
Este curso está pensado para que cada estudante decida o seu propio ritmo de aprendizaxe, tendo en conta soamente os seguintes prazos.
- Data de remate do curso: 15/05/2020
- Data de entrega dos exercizos (para ter dereito ao título e á posible convalidación): 22/05/2020
Programa
Unidade Didáctica 1: COÑECER A SITUACIÓN
- Autocoñecemento
- Mercado laboral
III. Procedemento de busca de emprego
Unidade Didáctica 2: VÍAS DE ACCESO AO EMPREGO.
- Intermediarios da empresa privada
- Intermediarios da Administración Pública
Unidade Didáctica 3: CÓMO PRESENTARNOS ÁS EMPRESAS
- Curriculum vitae
- Carta de presentación
III. Busca de emprego 2.0, marca persoal e identidade dixital
Unidad Didáctica 4: A BUSCA DE EMPREGO EN EUROPA
- Traballar en Europa: Un dereito/Unha oportunidade
- EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, servizo de apoio á mobilidade
III: O teu Primeiro Traballo EURES – FSE (Your first EURES job: supporting your mobility)
Unidad Didáctica 5: SUPERAR O PROCESO DE SELECCIÓN
- Entrevista
- Pruebas profesionales
III. Dinámicas de grupo
- Tests psicotécnicos
Modo de pagamento
De balde
Impartido en
Online
Titulación
Os cursos serán certificados pola Universidade de Vigo. A formación para o estudantado será recoñecida por créditos ECTS (pendente de confirmación).
Profesorado
Mª Reyes Fernández González. Licenciada en Pedagoxía cun posgrao de especialización en Orientación Laboral, leva mais de 20 anos traballando como técnica Superior en Orientación Laboral da Área de Emprego da Universidade de Vigo. Ademais, é profesora asociada na Universidade de Vigo, e é autora de varios artigos especializados en formación e procesos de inserción laboral de distintos colectivos.
Sistema de avaliación
Cada unidade didáctica consta dunha serie de presentacións, onde se desenvolven os contidos principais, e dunha serie de exercicios nos que se aplican estes contidos ao proceso persoal de busca activa de emprego de cada participante no curso.
Os exercicios deben ser entregados por mail (insercionlaboral@uvigo.es) antes do 22 de maio, para que a docente do curso os corrixa e devolva os seus comentarios ao alumnado participante.
Terán dereito a diploma, ás persoas que entreguen os exercízos en prazo e forma.