Propiedade intelectual e persoal docente universitario (Modalidade virtual)
Información do curso
Propiedade intelectual e persoal docente universitario (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPROP20PO | ||||
Nome | Propiedade intelectual e persoal docente universitario (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 8 | ||||
Descrición | Nesta actividade formativa farase unha análise dos temas de propiedade intelectual que afectan ao persoal universitario, en particular a titularidade dos resultados da actividade do profesorado universitario, a utilización de materiais doutras persoas na docencia e na investigación, a propiedade intelectual na era dixital, posibles negocios sobre estes dereitos e a defensa dos resultados de investigación fronte ao uso indebido por outras persoas.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso Propiedade intelectual e persoal docente investigador universitario insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020.
Esta actividade forma parte das liñas de accións do selo HR. Este selo busca mellorar o futuro profesional do personal investigador. Podes consultar máis información en: https://www.uvigo.gal/es/investigar/idi-uvigo/estrategia-investigadora/estrategia-personal-investigador-hrs4r .
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 21/04/2020 12:00 - 28/04/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 05/05/2020 - 14/05/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Ter unha visión dos problemas, retos e solucións sobre a propiedade intelectual na universidade e resolver as dúbidas que nesta materia se podan formular polas persoas asistentes.
Calendario
Desenvolverase os días 5, 7, 12 e 14 de maio de 16.30 a 18.30 horas.
Programa
- Introdución á propiedade intelectual.
- Regulación.
- Dereitos de propiedade intelectual.
- Réxime xeral de titularidade dos dereitos.
- Licenzas Creative Commons
- Propiedade intelectual:
- Do alumnado.
- Da universidade.
- Do PDI.
- Do PAS.
- Titularidade dos dereitos de propiedade intelectual das universidades: principais problemas.
- Persoa traballadora asalariada-autora.
- Propiedade intelectual (PI) e adquisicións.
- PI do PDI: descubrimentos científicos.
- PI na era dixital.
- PI nas leis.
- PI noutras normas.
- Open Access.
- Difusión en novos formatos: e-book e bibliotecas.
- Programas de ordenadores.
- Bases de datos.
- A propiedade intelectual nas teses doutorais.
- Lei de modificación da LPI:
- Citas.
- Compensación por copia privada.
- Usos educativos.
- PI e entidades de xestión.
- A defensa dos dereitos de PI.
- A explotación dos dereitos de PI, nova fonte de ingresos?
- Negocios relativos á propiedade intelectual.
- Lei de transparencia e Lei de reutilización da información do sector público e open data.
Impartido en
Modalidade virtual.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.
Profesorado
Carlos A. Gómez Otero
Licenciado en Dereito e Diplomado pola Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Funcionario da escala de Técnico superior de Administración da USC, do Corpo Superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e da escala de Xestión da USC. Ocupou os postos de xefe de Sección do Gabinete Xurídico, de Xefe de Servizo de Asesoría Xurídica e de Secretario Xeral Adxunto da USC dende o ano 2002. Participou en libros, artigos e capítulos de libros sobre temática universitaria. Impartiu seminarios, cursos e conferencias relacionadas co réxime xurídico universitario. Membro do Equipo Español de Expertos de Bolonia (BET). Especialista no marco xurídico de creación de Empresas de Base Tecnolóxica, transferencia de resultados de investigación e en Administración Electrónica, onde coordinou traballos no Sistema Universitario Español. Membro da Xunta directiva da Asociación Española para el Estudio del Derecho Universitario (AEDUN).