Como elaborar un TFG/TFM en perspectiva da Axenda 2030 e Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
Información do curso
Como elaborar un TFG/TFM en perspectiva da Axenda 2030 e Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
Tipo | Actividades de Voluntariado e Cooperación | ||||
Código | RSCD-201903 | ||||
Nome | Como elaborar un TFG/TFM en perspectiva da Axenda 2030 e Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Descrición | Queres aprender a elaborar o TFG e TFM?. Queres que o teu traballo contribúa a protexer o Planeta, a rematar coas desigualdades e acadar o desenvolvemento sostible das nosas sociedades? Aquí tes o teu curso... Este curso vai dirixido ao alumnado de Máster e Grao, preferentemente de terceiro e cuarto curso, que desexe coñecer as chaves do deseño e elaboración dun TFG e TFM baixo a temática dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. O curso de modalidade non presencial consta de 30 horas (1 ECTS) e será impartido a través da plataforma de teledocencia Faitic. Está organizado en 4 módulos a onde se accederán os materiais de lectura, a vídeos, a pílulas explicativas e ás distintas actividades. O alumnado disporá de titorías individualizadas a través de videoconferencia e foro de dúbidas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986130261 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 14/01/2020 10:00 - 02/03/2020 00:00 |
---|---|
Período de docencia | 24/02/2020 - 20/03/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1 |
Destinatarios/as
Alumnado da UVigo, preferentemente de Máster e de terceiro e cuarto curso de Grao.
Obxectivos
- Dar a coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 incidindo na cooperación ao desenvolvemento.
- Sensibilizar ao alumando sobre a pertinencia de investigar e buscar solucións nos seus TFG ou TFM aos problemas e retos vencellados á cooperación e ao desenvolvemento sostible.
- Saber aplicar o proceso de deseño, posta en marcha e defensa dun traballo de investigación.
Calendario
-Acceso á plataforma de teledocencia (Faitic). 24 de febreiro
-Lectura de textos, visionado de pílulas e vídeos, realización de actividades e titorías (videoconferencia e foros)
- Módulo 1: 24 – 28 de febreiro
- Módulo 2: 2 – 6 de marzo
- Módulo 3: 9 – 13 de marzo
- Módulo 4: 16 – 20 marzo
Programa
Módulo 1. Axenda 2030 e obxectivos de desenvolvemento sostible: que podes facer ti?
- Que é a Axenda 2030 e os ODS?
- Axenda 2030 e universidades
- Axenda 2030 e investigación
Módulo 2. Elaboración de traballos de investigación
- Modalidades de TFG e TFM
- O plan de investigación
- A procura e tratamento da información
- A fase de redacción
Módulo 3. Citación e referencias bibliográficas
- Por que citar? Tipos de citas bibliográficas
- Como citar? Normas de citación bibliográfica
- A elaboración da listaxe de referencias
- A ética científica e o plaxio
Módulo 4. A defensa oral
- Estratexias prácticas para abordar con éxito unha exposición oral
- Erros comúns e como evitalos
Impartido en
O curso será impartido a través Faitic onde o alumnado terá acceso a todo o material.
Profesorado
Laura Novelle (https://docendodiscitur.blog)
Sistema de avaliación
O alumnado será avaliado a través dunha serie de actividades vinculadas a cada módulo.