Formación do profesorado universitario novel (Modalidade virtual)
Información do curso
Formación do profesorado universitario novel (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPFOR | ||||
Nome | Formación do profesorado universitario novel (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 60 | ||||
Descrición | A actividade formativa está destinada para que o profesorado novel mellore as súas competencias docentes relacionadas coas metodoloxías, recursos didácticos tecnolóxicos, comunicación, acción titorial e avaliación por competencias. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Formación do profesorado universitario novel (modalidade virtual) insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 20/01/2020 12:00 - 31/01/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 03/02/2020 - 30/06/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada fundamentalmente ao persoal investigador (FPI, FPU etc) e profesorado axudante e axudante doutor de recente incorporación.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Comprender as competencias, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver a profesión docente universitaria.
- Identificar as diferentes metodoloxías activas.
- Xerar recursos didácticos co apoio da tecnoloxía.
- Aplicar diferentes tipos de acción titorial.
- Desenvolver unha comunicación educativa eficaz.
- Avaliar por competencias.
- Deseñar un recurso didáctico.
Calendario
O curso impartirase desde o o 1 de febreiro ao 29 de maio.
Programa
1. Coñecementos e competencias do profesorado universitario:
-Aproximación conceptual segundo a lexislación vixente.
-As competencias específicas disciplinares, profesionais e académicas.
-As competencias transversais: instrumentais, persoais e sistemáticas.
-Reflexionar e investigar sobre o ensino.
Docente: Margarita PinoJuste.
Duración: 5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
2. Deseño dun sistema metodolóxico:
-As competencias na educación superior.
-Determinación de obxectivos e resultados de aprendizaxe.
-Os contidos curriculares: selección e secuenciación.
-Definición da metodoloxía.
-Actividades e recursos.
-Avaliación.
Docente: Margarita Pino Juste.
Duración: 5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
3. Metodoloxías activas e innovadoras na aula:
-Vantaxes da utilización de metodoloxías activas na educación superior.
-Aprendizaxe baseada en proxectos.
-Técnicas de grupo.
-Aprendizaxe cooperativa.
-A dramatización.
-Aprendizaxe-Servizo.
Docente: Margarita Pino Juste.
Duración: 5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
4. Recursos didácticos e apoia da tecnoloxía:
-Tipoloxía de recursos didácticos.
-Papel da tecnoloxía na formación universitaria.
-Xestión e condicións para o aproveitamento dos recursos da aula.
-Orientacións para o deseño de prácticas de aula.
-Aproveitamento metodolóxico da plataforma de teledocencia.
-Pautas para a avaliación de recursos educativos.
-Funcionalidades, xestión e aproveitamento docente na Secretaría virtual.
Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
Duración: 15 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 15 ítems.
5. Comunicación co alumnado e dinámicas de grupo:
-Claves para unha comunicación educativa eficaz.
-Ferramentas para acadar unha comunicación didáctica na aula.
-A comunicación non verbal na aula.
-Obstaculizar vs. favorecer a comunicación.
-Dinámicas de grupo.
Docente: Fernando Melgosa.
Duración: 5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
6. Acción titorial:
-Papel da titoría na universidade.
-Modelos de titorización no contexto universitario.
-O plan de acción titorial.
-Metodoloxía das reunións do PAT.
-Orientacións para o desenvolvemento das sesións de titoría.
-Cuestións sobre a titoría que preocupan ao profesorado.
Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
Duración: 6 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 15 ítems.
7. Avaliación por competencias:
-Avaliar e cualificar.
-Tipos de avaliación: inicial, formativa e continua.
-Técncias e instrumentos de avaliación.
-Procedementos de avaliación.
Docente: Margarita Pino Juste.
Duración: 5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
8. Seminario práctico: Deseño dun recurso didáctico.
-Orientacións para o deseño de recursos didácticos.
-Pautas para a presentación e divulgación docente.
-Outros medios de difusión do material didáctico.
-Exposicións e debate (sesión presencial).
Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
Duración: 14 horas. (10+4 horas en seminario presencial).
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
Impartido en
Modalidade virtual.
Seminariopresencial final de 4 horas aínda sen concretar día.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas acaden a calificación de apitude no curso.
Profesorado
Margarita Pino Juste
Catedrática do Departamento de Didáctica, organización escolar e métodos de investigación.
María del Carmen Ricoy
Profesora titular do Departamento de Didáctica, organización escolar e métodos de investigación.
Fernando J. Melgosa Rodríguez
Profesor do Departamento de Ciencias Históricas e Xeografía da Universidade de Burgos.