Xestión electrónica de exames escritos (Campus de Vigo)
Información do curso
Xestión electrónica de exames escritos (Campus de Vigo)
Tipo | Actividades recoñecidas coma formación permanente do profesorado | ||||
Código | PFPPEX19VI | ||||
Nome | Xestión electrónica de exames escritos (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 9 | ||||
Descrición | Os sistemas de xestión da aprendizaxe permiten realizar e corrixir exames de preguntas obxectivas. Estas preguntas son pechadas e posúen diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O presente curso céntrase nunha ferramenta (BeA) que proporciona soporte TIC á xestión deste tipo de exames que se desenvolven con papel e bolígrafo e que inclúe a inscrición, ubicación do alumnado nas aulas, correción, revisión e comunicación co estudantado de forma electrónica. Esta aplicación axiliza o proceso de probas masivas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Xestión electrónica de exames escritos insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está oorganizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 09/09/2019 12:00 - 30/09/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 06/11/2019 - 13/11/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terán preferencia o PDI imparta docencia no Programa de Maiores e o persoal investigador intersado na temática do curso.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Distingue entre diferentes formas de avaliación.
- Utilizar a plataforma BeA para:
- Editar, inscribir e ubicar o alumnado nos exames escritos.
- Corrixir en liña os exames escritos.
- Revisar en liña os exames escritos.
- Comprobar que o alumnado pode ver os seus exames e as correspndentes correcións.
- Revisar en liña os exames escritos.
Profesorado
Martín Llamas Nistal
É docente do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo. A súa liña de investigación é a aplicación de tecnoloxías telemáticas á aprendizaxe.
Manuel Caeiro Rodríguez
É docente do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo.
Fernando A. Mikic Fonte
É docente do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo.
Programa
1. Introdución á xestión electrónica de exames escritos ou blended e-assesment (BeA).
2. Ciclo de vida dun exame.
3. Corrección manual.
4. Plataforma para a xestión electrónica de exames escritos.
5. Exames escritos a través de blended e-assessment (BeA).
6. Conversión de exames escritos a electrónicos.
7. Comunicación co alumnado.
8. Corrección de exames con BeA.
9. Revisión de exames con BeA.
10. Arquivo de exames con BeA.
Calendario
Os días 6, 7 e 13 de novembro de 16 a 19 horas.
Impartido en
Campus de Vigo. Sala III do edificio Miralles.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as sesións presenciais.