CURSO DE FORMACIÓN EN NEGOCIACIÓN COLECTIVA E INDIVIDUAL NO ÁMBITO LABORAL
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN NEGOCIACIÓN COLECTIVA E INDIVIDUAL NO ÁMBITO LABORAL
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | FX131801 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN NEGOCIACIÓN COLECTIVA E INDIVIDUAL NO ÁMBITO LABORAL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 67 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813769 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Departamento de Dereito Público Especial
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 16/07/2018 10:06 - 28/09/2018 10:07 |
---|---|
Período de matrícula | 16/07/2018 10:07 - 28/09/2018 10:08 |
Período de docencia | 20/09/2018 - 29/11/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 40 |
Créditos teóricos | 3.5 |
Créditos prácticos | 3.2 |
Validación de libre elección | 0 |
Destinatarios/as
Posto que o fin último é a formación de profesionais nas técnicas de negociación, as persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais.
Tamén poderán acceder ao curso as persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.
Condicións de acceso
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Para un óptimo aproveitamento do curso establécese un límite máximo de 40 participantes, seleccionados pola dirección do curso. Os criterios concretos serán:
-60%: persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.
-40%: as persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.
Calendario
O Curso terá lugar desde o 20 de setembro ata o 29 de novembro de 2018. A docencia on line desenvolverarse pola plataforma TEMA, da Universidade de Vigo, e a docencia presencias, en clases os martes e xoves, fundamentalmente, entre ás 16:30h. e as 20:30h.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Inaguración
Lección maxistral impartida o comezo do curso por unha persoa experta na materia da negociación colectiva. Fundamentalmente do ámbito académico ou de relancia xurídica.
Concertación social e negociación colectiva
I. Participación institucional e concertación social (concepto, experiencias, o papel dos sindicatos e axentes sociais, especial referencia a Galicia –histórica e actual-…)
II. A negociación colectiva no modelo constitucional e legal español:
1. Marco xeral
2. A negociación colectiva estatutaria:
a. Suxeitos negociadores (lexitimación inicial, deliberante e decisoria)
b. Estrutura da negociación colectiva, unidades de negociación e concorrencia de convenios
c. Duración dos convenios, denuncia, prórroga e ultraactividade
3. A negociación colectiva extraestatutaria e informal.
4. Procedemento de negociación. O deber de negociación de boa fe. Análise de xurisprudencia e casos prácticos
5. Puntos críticos dos convenios e acordos colectivos (salario, tempo de traballo, seguridade e saúde)
6. A inaplicación de convenios
7. Interpretación e aplicación dos convenios. Comisións Paritarias. Proceso de conflito colectivo
8. A xestión do convenio colectivo. Rectificacións, depósito, rexistro, impugnación de oficio, publicación
Comunicación e intelixencia emocional
I. A comunicación como factor clave nas negociacións laborais individuais e colectivas. Comunicación verbal e no verbal. Teoría e práctica.
II. A intelixencia emocional.
III. Estilos de negociación e test de negociación. Análise individualizado do perfil negociador de cada alumno/a.
Aspectos estratéxicos da negociación
I. A negociación individual: aspectos estratéxicos e de contido específicos.
II. A mesa negociadora, a plataforma de negociación e a banda negocial. Selección das materias importantes na negociación.
III. Técnicas de negociación
Os acordos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos e individuais
I. O AGA.
II. Outros sistemas extraxudiciais de solución autónoma de conflitos individuais e colectivos: o ASAC, o SERCLA, o PRECO...
Clausura
Lección maxistral impartida por unha persoa experta no ámbito das relacións laborais, fundamentalmente do ámbito universitario ou xudicial.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Concertación social e negociación colectiva
I. Participación institucional e concertación social (concepto, experiencias, o papel dos sindicatos e axentes sociais, especial referencia a Galicia –histórica e actual-…)
II. A negociación colectiva no modelo constitucional e legal español:
1. Marco xeral
2. A negociación colectiva estatutaria:
a. Suxeitos negociadores (lexitimación inicial, deliberante e decisoria)
b. Estrutura da negociación colectiva, unidades de negociación e concorrencia de convenios
c. Duración dos convenios, denuncia, prórroga e ultraactividade
3. A negociación colectiva extraestatutaria e informal.
4. Procedemento de negociación. O deber de negociación de boa fe. Análise de xurisprudencia e casos prácticos
5. Puntos críticos dos convenios e acordos colectivos (salario, tempo de traballo, seguridade e saúde)
6. A inaplicación de convenios
7. Interpretación e aplicación dos convenios. Comisións Paritarias. Proceso de conflito colectivo
8. A xestión do convenio colectivo. Rectificacións, depósito, rexistro, impugnación de oficio, publicación
Comunicación e intelixencia emocional
I. A comunicación como factor clave nas negociacións laborais individuais e colectivas. Comunicación verbal e no verbal. Teoría e práctica.
II. A intelixencia emocional.
III. Estilos de negociación e test de negociación. Análise individualizado do perfil negociador de cada alumno/a.
Aspectos estratéxicos da negociación
I. A negociación individual: aspectos estratéxicos e de contido específicos.
II. A mesa negociadora, a plataforma de negociación e a banda negocial. Selección das materias importantes na negociación.
III. Técnicas de negociación
Análise de casos reais e práctica
Experiencias en mediacións e arbitraxes
Taller de negociación (xogo de roles)
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 30 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:
Edificio anexo a Xerencia 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 816 554
E-mail: negociado.formacionpermanente@uvigo.es
Sistema de avaliación
-Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas de xeito presencial.
-Superación dos cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso.