Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico (14ª ed.)
Información do curso
Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico (14ª ed.)
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | BIB014 | ||||
Nome | Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico (14ª ed.) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 30 | ||||
Descrición | O curso pretende dar a coñecer as fontes de información, as técnicas e estratexias axeitadas para a realización dun traballo académico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813843 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso proporcionará aos estudantes as competencias informacionais básicas no acceso, uso e xestión da información, permitíndolle:
- Ser autónomo na busca de información para a realización de traballos.
- Coñecer e usar un maior número de recursos de información fiables e pertinentes.
- Desenvolver a capacidade de crítica e análise fronte a sobreabundancia de información.
- Mellorar a súa capacidade de xestión e organización da información recuperada.
- Facer un uso ético e legal da información, evitando o plaxio nos traballos académicos.
Entidades organizadoras
Biblioteca Universitaria de Vigo
Páxina web do curso
http://sp.bugalicia.org/vig/subjects/guide.php?subject=cursogoogleInformación sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 19/09/2016 15:00 - 16/10/2016 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 24/10/2016 - 25/11/2016 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1 |
Destinatarios/as
O curso está aberto ao alumnado matriculado actualmente en estudos oficiais da Universidade de Vigo, aínda que está orientado especialmente ao alumnado dos últimos cursos.
Obxectivos
- Recoñecer a necesidade de información.
- Distinguir tipos de documentos.
- Distinguir fontes de información.
- Identificar os principais recursos de información da Biblioteca Universitaria de Vigo, as súas características e modo de acceso.
- Identificar outros recursos de información na rede de interese académico.
- Elaborar estratexias de busca axeitadas.
- Desenvolver a capacidade de avaliar a información e as fontes.
- Identificar os distintos tipos de xestores bibliográficos e coñecer as súas funcionalidades.
- Elaborar e interpretar citas bibliográficas.
- Usar legal e eticamente a información.
- Crear alertas por correo-e e RSS en distintos recursos de información.
- Identificar e aplicar as funcionalidades da Web social á busca e xestión da información.
Condicións de acceso
Alumnado matriculado en estudos oficiais da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Programa
- A información
- Como buscar información
- Recursos de información na Biblioteca:
- Catálogo
- Bases de datos
- Revistas electrónicas
- Libros electrónicos - Outros recursos en internet:
- Acceso aberto á información científica
- Buscadores científicos - Avaliar a información e as súas fontes
- Como manterse actualizado: Alertas e RSS
- Usar e comunicar a información:
- O uso ético e legal da información
- Citas e referencias bibliográficas: normas e estilos
- Os xestores bibliográficos - A web social
Modo de pagamento
Gratuíto
Impartido en
Faitic
Profesorado
Persoal da Biblioteca Universitaria de Vigo
Sistema de avaliación
No curso hai dous tipos de actividades: obrigatorias e voluntarias, ambas puntúan pero en distinta proporción. É preciso realizar as actividades obrigatorias para superar o curso. A nota final calcularase sobre un máximo de 10, sendo preciso acadar un mínimo de 5 para obter a cualificación de apto.