Iniciación ao vídeo dixital con software libre - CAMPUS DE PONTEVEDRA
Información do curso
Iniciación ao vídeo dixital con software libre - CAMPUS DE PONTEVEDRA
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPVID116 | ||||
Nome | Iniciación ao vídeo dixital con software libre - CAMPUS DE PONTEVEDRA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Quenda de tarde. A finalidade desta actividade formativa é a de formar a todo tipo de persoal docente e investigador que teña competencias docentes ou formativas en materias de carácter audiovisual mediante o manexo dun programa de edición de vídeo de carácter gratuíto: Blackmagic Design DaVinci Resolve. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Introdución ao vídeo dixital con software libre insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2016. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Páxina web do curso
http://profesorado.uvigo.es/vicprof_gl/formacion/formacion/programa/index.htmlInformación sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 28/07/2016 12:00 - 05/09/2016 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 08/09/2016 - 22/09/2016 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 10 |
Destinatarios/as
A actividade formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Saber o manexo básico de edición e corrección de cor con Blackmagic Design DaVinci Resolve.
- Coñecer as funcións de importación e vinculación do son e vídeo.
- Ser quen de aplicar a metodoloxía básica de edición de vídeo.
- Comprender as funcións e formatos de exportación para as diferentes plataformas audiovisuais e outros programas e equipos de edición de vídeo e son.
Calendario
Calendario: 8, 13, 15, 20 e 22 de setembro de 2016.
Horario: de 16 a 20 horas.
Programa
- A interface de Black Magic DaVinci Resolve:
- A xestión da media. Organización e creación de proxectos.
- A edición: ferramentas, efectos, transicións, títulos etc.
- A corrección de cor: ferramentas e posibilidades. Luts e filtros.
- A exportación: formatos e características.
Impartido en
Campus de Pontevedra. Aula informática-laboratorio de posprodución 2 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.
Profesorado
Alfonso Merino García
Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Traballa coma freelance para clientela de España e EE.UU. Ten unha ampla experiencia na realización de spots, reportaxes promocionais, edición de vídeo, son e corrección de cor en curtametraxes de ficción. Pode consultar máis información do seu currículo en http://www.alfonsomerino.com.