Formulación de proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento: o financiamento de organismos multilaterais - CAMPUS DE VIGO

Información do curso

Formulación de proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento: o financiamento de organismos multilaterais - CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPTALL15VI
Nome Formulación de proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento: o financiamento de organismos multilaterais - CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

 A presente capacitación sobre licitacións pretende poñer ao alcance da Universidade de Vigo  as principais ferramentas e habilidades requiridas para entrar con éxito neste ámbito, así como proporcionar o know-how e coñecementos máis reveladores e dotar ás persoas que participen dunha formación suficiente para desenvolver as súas propias estratexias de implantación.

Organismos e institucións multinacionais coma a Unión Europea, Nacións Unidas, o Banco Mundial, os bancos de desenvolvemento rexional etc. financian proxectos de asistencia técnica internacional en diferentes países.

O procedemento comunmente empregado para adxudicar a execución destes proxectos é o de licitación pública. Cada un destes organismos de financiamento ten os seus propios procedementos e idiosincrasia. O éxito nos  procesos de licitación é a chave para podelos poñer en funcionamento  e para iso resulta imprescindible coñecer fondamente as distintas etapas do ciclo de licitación. O ciclo de licitación é a secuencia que transcorre desde a publicación dun anuncio de invitación que nos interesa ata a presentación final dunha oferta en resposta ao mesmo. Mais se se quere xerar avantaxes neste ámbito cómpre dominar o proceso que comeza coa definición dunha estratexia para a elección do ámbito sectorial e xeográfico prioritario e a detección de oportunidades.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de formulación de proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento: o financiamento de organismos multilaterais insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2015. A devandita acción formativa está financiada pola Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e as tres universidades galegas para a posta en marcha da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e ten como obxectivo potenciar as actividades de cooperación ao desenvolvemento nas universidades públicas galegas.

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/04/2015 14:00 - 04/05/2015 23:59
Período de docencia 05/05/2015 - 06/05/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

A acción formativa está destinada a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Afondar no coñecemento das licitacións internacionais
  • Ser quen de determinar o interese e potencialidade dun proxecto
  • Delimitar as características, procedementos e aspectos operativos máis importantes
  • Aprender os pasos iniciais para desenvolverse con estes organismos de financiación
  • Consolidar o know how e metodoloxías imprescindibles para ter éxito
  • Ampliar as estratexias de adquirir información suficiente para deseñar unha estratexia de implantación

Calendario

Días: 5 e 6 de maio.
Horario: de 10 a 14  horas.

Impartido en

Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as  sesións  que ten o curso.

Profesorado

Javier Vallejo Poza

Avogado e economista(ICADE E-3), MBA Internacional pola Escola da Cámara de Comercio de París e pola Escola Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia (ESIC), desenvolveu a súa traxectoria no ámbito da dirección e xestión de proxectos de consultaría internacional e de cooperación ao desenvolvemento durante máis de 15 anos, participando na preparación de numerosas licitacións e na execución de proxectos para organismos públicos nacionais e internacionais (UE, Banco Mundial e BID).

Traballou en máis de 20 diferentes países de Europa do Leste; Centro e Sudamérica; África e Asia. Foi director para Latinoamérica, África e Asia de Altair Asesores, director de proxectos de Eptisa Internacional para Europa do Leste, director de proxectos de Consultrans (Grupo Altran), asesor de internacionalización de Fecoval e socio-director de DevStat S.L. E interveu como relator en máis de 40 cursos, talleres, conferencias e seminarios. Tamén asesorou individualmente a máis de 20 empresas e institucións sobre acceso e preparación de licitacións internacionais de obras, enxeñaría e servizos.

Na actualidade é socio-director de Coast to Coast SL e experto independente, colaborando en actividades de identificación, avaliación, asesoramento, consultaría e formación para institucións como a Unión Europea, a OEI (Organización de Estados Ibero-americanos) ou a AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento ) e para numerosas entidades de ámbito rexional en España.

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos