Introdución á educación para o desenvolvemento na práctica docente (EPD) - CAMPUS DE PONTEVEDRA
Información do curso
Introdución á educación para o desenvolvemento na práctica docente (EPD) - CAMPUS DE PONTEVEDRA
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPP14PO | ||||
Nome | Introdución á educación para o desenvolvemento na práctica docente (EPD) - CAMPUS DE PONTEVEDRA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 8 | ||||
Descrición | A universidade é un axente clave para a formación da cidadanía e para a difusión do concepto de desenvolvemento humano sustentable. Nesta acción formativa farase unha introdución ao concepto de educación para o desenvolvemento (EpD) e a educación para a cidadanía cosmopolita, poñendo en valor a especialidade docente e de investigación do profesorado universitario. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813596 | ||||
· Fax | 986818692 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O Curso de introdución á educación para o desenvolvemento na práctica docente insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2014. A devandita acción formativa está organizada pola Coordinadora ONG para el desarrollo-España (CONGDE) no marco das actividades financiadas mediante o convenio entre a Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e as tres universidades galegas que ten como obxectivo potenciar as actividades de cooperación ao desenvolvemento nas universidades públicas galegas.
Páxina web do curso
http://vicadc.uvigo.es/vicadc_gl/formacion/Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/11/2014 12:00 - 09/12/2014 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 11/12/2014 - 11/12/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
A acción formativa está destinada a todo o persoal docente investigador da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Adquirir coñecementos da evolución da educación para o desenvolvemento e os elementos principais da última xeración.
- Analizar posibilidades de aplicación na práctica docente de elementos da última xeración da educación para o desenvolvemento (EpD), así como os restos e oportunidades para esta área nas universidades galegas.
- Traballar ferramentas concretas que poidan axudar ao profesorado que desexe integrar elementos da EpD na súa práctica docente.
Calendario
Día: 11 de decembro.
Horario: de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
Programa
1. Educación para o desenvolvemento: evolución dos conceptos de desenvolvemento e educación para o desenvolvemento.
2. A educación para o desenvolvemento de última xeración: educación para a cidadanía global ou cosmopolita.
3. A universidade como axente de desenvolvemento. Especificidade en educación e investigación para o desenvolvemento (IpD).
4. Marco de acción para as universidades galegas na educación para o desenvolvemento:
-Lexislación.
-Ferramentas de apoio estratéxico á educación para o desenvolvemento desde a universidade en Galicia (Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento, Cooperación Galega da Xunta de Galicia, alianzas con ONGD, redes de profesorado de educación para o desenvolvemento, «Agencia Española de Cooperación para el Desarrollo» etc).
5. Exemplos de experiencias existentes xa en Galicia:
-Materias específicas sobre cooperación e educación para o desenvolvemento.
-Colaboración para a organización de cursos con recoñecemento académica sobre esta temática.
-Xeración de materiais que permitan transversalizar elementos da EpD na práctica docente habitual.
-Alianzas con ONGD para proxectos de investigación para o desenvolvemento.
-Acceso a subvencións específicas para universidades para proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento ou para accións de EpD ou IpD.
-Estancias de investigación para persoal docente e alumnado no marco de programas internacionais de cooperación que poden estar vinculados a proxectos de investigación ou proxectos de fin de carreira, dirección de teses ou proxectos de fin de carreira con contidos de EpD ou cooperación para o desenvolvemento.
-Rede galega de educación para o desenvolvemento na docencia universitaria.
-Diagnose sobre a educación para o desenvolvemento na universidade pública galega.
6. Xeración de novas propostas. Viabilidade, retos e oportunidades futuras.
Impartido en
Campus de Pontevedra. Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. De 10 a 14 horas desenvolverase na aula 11 e de 16 a 20 horas desenvolverase na aula 1.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as sesións que ten o curso.
Profesorado
Sergio Fernández Alonso
Técnico de proxectos da ONGD Enxeñaría Sen Fronteiras de Galicia