Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. (En liña)
Información do curso
Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. (En liña)
Tipo | Curso de formación do PAS | ||||
Código | 72-2012 | ||||
Nome | Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. (En liña) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 10 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986-818606 | ||||
· Fax | 986-813903 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 12/11/2012 14:00 - 20/11/2012 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 26/11/2012 - 16/12/2012 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 40 |
Destinatarios/as
Persoal de administración e servizos incluído no cadro de persoal da Universidade de Vigo.
Obxectivos
Adquirir as habilidades necesarias para utilizar un procesador de textos correctamente: estruturar un documento, usar estilos, crear e usar modelos, e ser quen de portar os coñecementos de Word á alternativa libre para procesadores de texto de LibreOffice.
Condicións de acceso
Será preciso acceder á plataforma Moodle do CIXUG a partir da data de comezo do curso no seguinte enderezo: cursos.cixug.es. Ao final de cada lección haberá un cuestionario sobre os contidos vistos, será necesario superalo para poder acceder á seguinte lección. Ao final do curso realizarase unha proba de avaliación.
Requisitos técnicos: un ordenador con conexión a internet (mínima de 1 Mbps), navegador web e o suite LibreOffice, que se poderá descargar gratuitamente tras acceder ao curso. Ademais, para visionar certo material compre dispor dunha tarxeta de son, altofalantes e/ou cascos estándar.
Criterios de selección
De existir máis candidatos/as que ofertas, seguirase a orde alfabética a partir da letra Z vixente para os procesos selectivos na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a resolución da Consellería de Facenda de 7 de febreiro de 2012 (DOG do 14 de febreiro) e terase en conta ao persoal que, nos últimos anos, estea gozando ou gozase dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia para o coidado de fillas/os ou familiares (Lei 7/2004, do 16 de xullo-DOG 3/08/04). En todo caso terá preferencia o persoal funcionario/fixo sobre o interino/temporal.
Calendario
O curso estenderase entre o 26 de novembro e o 16 de decembro de 2012.
Programa
- A interface do Writer.
- A estrutura dun documento.
- Os estilos.
- Índices e táboas.
- Crear e usar modelos.
- Extensións de corrección ortográfica.
Observacións
O prazo de inscrición rematará o 20 de novembro de 2012 debendo efectuarse a través do sitio web da Área de Posgrao Virtual (APV). Para iso, a persoa interesada terá que acceder á páxina de Bubela http://bubela.uvigo.es, introducir o seu nome de usuario/a e clave (de non selo deberá darse de alta), premer no enlace “Catálogo de cursos”, dentro dos cursos ofertados polo Servizo de PAS deberá seleccionar o curso “LibreOffice Writer, unha alternativa libre a Word (en-liña)” e, por último, premer no botón “Preinscribir”.
Profesorado
Rafael Rodríguez Gayoso, técnico da Oficina de Software Libre das universidades galegas.