Curso de reciclaxe de lingua galega
Información do curso
Curso de reciclaxe de lingua galega
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00023 | ||||
Nome | Curso de reciclaxe de lingua galega |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O curso vai dirixido a todas as persoas que desexen mellorar os seus coñecementos lingüísticos ou repasar cuestións que adoitan resultar máis problemáticas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/06/2012 00:01 - 07/09/2012 20:00 |
---|---|
Período de docencia | 17/09/2012 - 08/11/2012 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Créditos ECTS | 0 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria e público en xeral.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de entrega de documentación.
Calendario
Este curso é semipresencial. Haberá catro clases presenciais que se impartirán os xoves 27 de setembro, 11 de outubro, 25 de outubro e 8 de novembro (de 18.00 a 20.00 h) na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo (aula B1).
Programa
PROGRAMA DO CURSO DE RECICLAXE DA LINGUA GALEGA
1 O alfabeto
2 A acentuación
2.1 O acento gráfico
2.2 O acento diacrítico
3 Os signos de puntuación e outros signos ortográficos
3.1 Nocións básicas
3.2 Usos especiais
4 Algunhas cuestións de ortografía
4.1 O uso das grafías b e v
4.2 O uso das grafías s e x
4.3 O uso da grafía h
O tempo estimado para explicar os contidos dos temas anteriores, asimilalos e realizar os exercicios e actividades será de 4 horas.
5 O xénero e o número
5.1 O xénero
5.2 O número
6 Os determinantes
6.1 O artigo
6.2 Os indefinidos
6.3 Os demostrativos
6.4 Os posesivos
7 Os pronomes
7.1 Os pronomes persoais
7.2 Os pronomes relativos, interrogativos e exclamativos
O tempo estimado para explicar os contidos dos temas anteriores, asimilalos e realizar os exercicios e actividades será de 6 horas.
8 O verbo
8.1 Os paradigmas regulares das tres conxugacións
8.2 Os paradigmas irregulares
8.3 As diferenzas básicas entre o castelán e o galego
8.4 O infinitivo conxugado
8.5 As perífrases verbais
O tempo estimado para explicar os contidos do tema anterior, asimilalos e realizar os exercicios e actividades será de 5 horas.
9 Os adverbios e as conxuncións
9.1 Os adverbios
9.2 As conxuncións
10 As preposicións
11 Os grupos cultos e terminacións de palabras
11.1 -cia e -cio; -za e -zo
11.2 -ble e -bel
11.3 -ería e -aría
11.4 Outras terminacións e sufixos
O tempo estimado para explicar os contidos dos temas anteriores, asimilalos e realizar os exercicios e actividades será de 5 horas.
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral
Os membros da comunidade universitaria deberán acreditar a súa pertenza á Universidade presentando na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es), unha copia do resgardo de matrícula do curso 2012/2013 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina).
As persoas que non pertenzan á Universidade deberán pagar e enviar por correo postal ou electrónico o correspondente xustificante. Realizarase en NovaGalicia Banco, no número de conta 2080 0501 12 3110000112:
- Concepto: código do curso (ANL00023)
- Importe: 40 euros
As matrículas aceptaranse por orde rigorosa a medida que recibamos a citada documentación.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.
Impartido en
Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo (aula B1).
Sistema de avaliación
É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %. Ademais, para obter o diploma correspondente cómpre superar o exame final, que será presencial.