Formación na ferramenta Unidata (Vigo 7 de xuño)

Información do curso

Formación na ferramenta Unidata (Vigo 7 de xuño)


Tipo Curso de formación do PAS
Código 32-2012
Nome Formación na ferramenta Unidata (Vigo 7 de xuño)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 3.5
Información de contacto:  
 · Teléfono 986-818606
 · Fax 986-813903
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 15

Destinatarios/as

Terá preferencia o persoal de administración e servizos incluído no cadro de persoal da Universidade de Vigo que utilice a ferramenta Unidata. O PAS restante será admitido de existir vacantes.

Criterios de selección

De existir máis candidatos/as que ofertas, seguirase a orde alfabética a partir da letra Z vixente para os procesos selectivos na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a resolución da Consellería de Facenda de 7 de febreiro de 2012 (DOG do 14 de febreiro) e terase en conta ao persoal que, nos últimos anos, estea gozando ou gozase dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia para o coidado de fillas/os ou familiares (Lei 7/2004, do 16 de xullo-DOG 3/08/04). En todo caso terá preferencia o persoal funcionario/fixo sobre o interino/temporal.

Calendario

Data: 7 de xuño de 2012.

Horario: 08:30 h. a 12:00 h.

Lugar: Aula III do Edificio Miralles do Campus de Vigo.

Programa

Acceso á plataforma Unidata.

Presentación da ferramenta Unidata: módulo de xestión académica

  • PAU.
  • Preinscrición.
  • Novo acceso.
  • Matrícula
  • Egreso
  • Abandono
  • Doutorado
  • POD
  • Calidade

Execución de informes.

Exportación e manipulación de datos.

Observacións

O prazo de inscrición rematará o 28 de maio de 2012 debendo efectuarse a través do sitio web da Área de Posgrao Virtual (APV). Para iso, quen estea interesado terá que acceder á páxina de Bubela http://bubela.uvigo.es, introducilo seu nome de usuario e clave (de non ser usuario deberá darse de alta), premer no enlace “Catálogo de cursos”, dentro dos cursos ofertados polo Servizo de PAS deberá selecciona-lo curso “Formación na ferramenta Unidata” da data na que prefire asistir (7 de xuño co código 32-2012 ou 21 de xuño co código 33-2012)  por último, premer no botón “Preinscribir”.

No caso de que o horario do curso coincida coa quenda de traballo do/a solicitante, cómpre, o informe favorable do/a xefe/a ou responsable da unidade correspondente a cumprimentar na solicitude do curso (anexo II) que deberá enviarse no prazo de inscrición ao Servizo de PAS a través do fax 986 813903 ou correo electrónico negociadopas03@uvigo.es

Profesorado

Carlos Cuervo Martínez, Técnico Especialista de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos