Introdución ás técnicas estatísticas co SPSS (Campus de Ourense)
Información do curso
Introdución ás técnicas estatísticas co SPSS (Campus de Ourense)
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PFPP3204 | ||||
| Nome | Introdución ás técnicas estatísticas co SPSS (Campus de Ourense) |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 20 | ||||
| Descrición | Esta acción formativa pretende ser de axuda aos participantes para a realización dunha análise estatística, a través do uso do paquete estatístico SPSS. Ofrece unha introdución á inferencia estatística e abórdanse algúns procedementos estatísticos que van dende representacións gráficas dos datos ata a análise da varianza e regresión. | ||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986813596 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
O Curso de “Introdución ás técnicas estatísticas co SPSS” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. A devandita acción formativa está a ser organizada pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade e polo Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 07/09/2010 12:00 - 29/09/2010 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 01/10/2010 - 18/10/2010 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 0 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Obxectivos
- Dar a coñecer as capacidades do SPSS.
- Introducir aos asistentes no seu manexo.
- Aprender a manipular/transformar datos.
- Aprender a representar datos gráficamente.
- Realizar unha análise estatística básica.
Profesorado
TOMÁS COTOS YÁÑEZ
ANA PÉREZ GONZÁLEZ
Programa
- Manexo do programa SPSS (6 horas)
- 1.1 Creación de arquivos de datos.
- 1.2 Importación/exportación de datos a outros programas.
- 1.3 Manipulación de datos e transformación de variables.
- 1.2 Importación/exportación de datos a outros programas.
- 1.1 Creación de arquivos de datos.
- Variables unidimensionais e bidimensionais (2 horas)
- 2.1 Representación numérica e gráfica das variables unidimenionais.
- 2.2 Análise descritiva: medidas de posición, dispersión, forma, ... Diagramas de caixa.
- 2.1 Representación numérica e gráfica das variables unidimenionais.
- Representación numérica e gráfica das variables bidimenionais
- 3.1 Análise descritiva: medidas de posición, dispersión e correlación.
- Técnicas de inferencia estatística (4 horas)
- 4.1 Introdución á mostraxe.
- 4.2 Estimación por intervalos.
- 4.3 Contraste de hipóteses paramétricas.
- 4.4 Contraste de hipóteses non paramétricas.
- 4.2 Estimación por intervalos.
- 4.1 Introdución á mostraxe.
- Análise da varianza (4 horas)
- 5.1 Análise da varianza dun factor.
- 5.2 Modelo dun factor. O estatístico F.
- 5.3 Comparacións múltiples.
- 5.4 Análise da varianza con máis dun factor. Interacción
- 5.2 Modelo dun factor. O estatístico F.
- 5.1 Análise da varianza dun factor.
- Regresión lineal simple e múltiple (4 horas)
- 6.1 A recta de regresión: O modelo, estimación de parámetros e o contraste de regresión. Diagnose do modelo
- 6.2 Modelo lineal múltiple: estimación e interpretación dos parámetros.
- 6.3 Criterios de selección de variables. Diagnose do modelo.
- 6.2 Modelo lineal múltiple: estimación e interpretación dos parámetros.
- 6.1 A recta de regresión: O modelo, estimación de parámetros e o contraste de regresión. Diagnose do modelo
Calendario
O curso celebrarase os días:
1, 7, 8, 14 e 18 de Outubro de 16:00 a 20:00
Impartido en
Lab. 0.1 da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Campus de Ourense
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a oito sesións completas das dez que ten o curso. (Cada sesión equivale a dúas horas).


