Atopa o teu curso
Información do curso
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO EN CONSULTORÍA EXECUTIVE
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CV031104 | ||||
Nome | PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO EN CONSULTORÍA EXECUTIVE |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición |
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 988368741 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O consultor hoxe en día ten un labor moito máis complexo do que aparece nos diccionarios: "quen dá a súa opinión ou aconsella sobre un asunto cando se lle solicita". Para conseguir o éxito, a proactividade e creatividade do consultor, xunto á súa capacidade de escoitar e convencer son básicas.
Estas capacidades viran ao redor da vía a través da que hoxe se realiza maioritariamente o labor de consultoría: o proxecto. Tanto ao comezo, como durante e posteriormente ao mesmo, o consultor vai moito máis alá de "aconsellar cando se lle solicita".
Na práctica, a consultoría como profesión ten unha tripla vertente:
- Coñecer a fondo o asunto de que se trata.
Sen este coñecemento técnico, o consultor non sobreviviría no mercado. - Ter creatividade e capacidade de xestionar os asuntos sobre os que se aconsella ou sobre os que se elabora un proxecto.
Para iso é fundamental desenvolver creatividade, rendemento mental, control do tempo, do estrés... - Establecer unha relación firme e frutífera co cliente e con todos os axentes involucrados nun proxecto.
É a razón de que a comunicación, o traballo en equipo e o liderado son capacidades que distinguen aos mellores.
É nos dous aspectos "non técnicos" (de "habilidades persoais") en que se consegue:
- Que o cliente acceda a realizar un proxecto.
- Que os axentes involucrados fagan máis fácil o desenvolvemento dun proxecto.
- Crear unha rede que facilite máis clientes e máis capacidade de xestión de proxectos.
O Programa de Desenvolvemento en Consultoría Executive deseñou unha metodoloxía e seleccionou aos relatores para proporcionar un avance cualitativo nestas habilidades persoais aos profesionais da consultoría.
Entidades organizadoras
Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento - Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores -Área de Emprego
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 01/09/2011 00:00 - 09/10/2011 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/10/2011 00:00 - 09/10/2011 23:59 |
Período de docencia | 13/10/2011 - 24/11/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Créditos teóricos | 2 |
Créditos prácticos | 0.6 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Destinado a profesionais da consultoría que desexan desenvolver as súas habilidades persoais dentro da relación de consultoría, para así aproveitar ao máximo o seu expertise técnico.
É condición do solicitante que teña máis de 3 anos de experiencia en consultoría.
Obxectivos
- Vender e Negociar mellor os servizos de consultoría, buscando a alianza co cliente para crear a mellor solución en conxunto.
- Conseguindo ferramentas para presentar os proxectos de consultoría con éxito.
- Practicar novas pautas de comunicación para desenvolver a relación de consultoría.
- Practicando a escoita como medio para axudar ao cliente a construír a solución máis eficaz.
- Xerando solucións consensuadas e motivadoras para as persoas involucradas no proxecto, sexan colaboradores, clientes ou provedores.
- Impulsar a creatividade como vantaxe competitiva en contraposición a unicamente o esforzo ou sacrificio persoal.
- Perfilar o proceso de consultoría para conseguir maior satisfacción dos clientes.
- Desenvolver o propio estilo de realizar consultoría dos participantes.
- Identificar as chaves do éxito na práctica dunha variedade de proxectos de consultoría.
Condicións de acceso
1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudos mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
Criterios de selección
Seleccionaranse un máximo de 15 alumnos/as.
O criterio de selección empregado será o Curriculum Vitae. Avaliarase fundamentalmente a vinculación e experiencia dos solicitantes en relación coa actividade de consultoría.
É condición esixida aos solicitantes que teñan ao menos 3 anos de experiencia en consultoría.
Calendario
O Programa consta de 7 sesións con periodicidade semanal:
- 5 sesións de 5 docentes que mobilizan a aprendizaxe en base ás súas experiencias (4 horas de duración)
- 2 sesións de network e coaching de equipo, intercaladas tras a xornada 3ª e 5ª (3 horas de duración; para estas sesións prácticas proporase aos asistentes realizar en grupo a comida previa á sesión, a fin de iniciar as dinámicas grupais)
A distribución resultante por días é a seguinte:
13/10/2011, de 16:00 a 20:00 horas (sesión docente)
20/10/2011, de 16:00 a 20:00 horas (sesión docente)
27/10/2011, de 16:00 a 20:00 horas (sesión docente)
03/11/2011, de 16:00 a 19:00 horas (sesión de network e coaching)
09/11/2011, de 16:00 a 20:00 horas (sesión docente)
17/11/2011, de 16:00 a 20:00 horas (sesión docente)
24/11/2011, de 16:00 a 19:00 horas (sesión de network e coaching)
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS: Sesións de coñecemento
A chave da aprendizaxe con esta metodoloxía é que se basea en experiencias:
- Do docente.
- Previas dos participantes.
- A realizar polos participantes durante o programa.
Os docentes seguirán este esquema en todas as sesións:
- Basearase en experiencias que o consultor explicará.
- Delas extraeranse patróns eficaces de consultoría.
- Sobre eles pedirase o enriquecemento dos participantes a partir das súas propias experiencias previas.
- Cada participante sacará as pautas concretas que en diante aplicará no seu día a día.
Contido das sesións
Cada sesión impartirase por un docente de recoñecido prestixio e versará sobre un aspecto distinto de habilidades persoais para a consultoría:
- Negociación e venda de consultoría hoxe.
- Ricardo Álvarez Pérez. Socio - Director de Mercadotecnia e Expansión Netex
- Presentacións persuasivas.
- Joaquín Dosil Díaz. Socio e Coach especialista en comunicación de QCoach Desenvolvemento Directivo. Doutor Prof. da Universidade de Vigo.
- Ideas poderosas para xestionar proxectos. Creatividade.
- Víctor Gómez Romero. Socio de ADV Consultores. Prof. da Universidade de Vigo.
- A xestión da contorna: comunicación e emocións.
- Belén Varela Romero. Socia de RH Positivo e Believe in You. Vicepresidenta de AEDIPE Galicia.
- Como me xestiono a min mesmo? (emocións, pensamentos e tempo).
- Iago Pérez Santalla e Manuel Rivero Pérez. Escritores e conferenciantes.
MÓDULOS PRÁCTICOS: Sesións de network e coaching de equipo
Serán levadas a cabo por Daniel Álvarez Lamas, coach deste programa.
Para consolidar e compartir os avances que se produzan ao longo do programa, realizaranse estas sesións de coaching de equipo. Ao mesmo tempo servirán para reforzar os vínculos entre os participantes e a posibilidade de proxectos en común.
Ese día proponse que os asistentes coman xuntos. Para enriquecer este espazo, convidarase a consultores senior - socios, das empresas colaboradoras.
Nestas sesións, co apoio dun coach, seguirase este esquema:
- Posta en común dos puntos chave das sesións previas.
- Traballo en distintos equipos: cada equipo profunda sobre un dos puntos chave, á luz da práctica diaria que os participantes realizaron tras as sesións con docentes.
- Exposición e posta en común.
- Novas pautas.
Modo de pagamento
En calquera oficina de Novacaixagalicia, indicando o nome ou código do curso.
Importe da matrícula: 342€.
Impartido en
Sala II Edificio Miralles. Campus de Vigo
Sistema de avaliación
Para a avaliación do alumnado terase en conta:
1º Asistencia presencial ás clases
2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.