IV Xornada de Innovación Educativa na Universidade

Información do curso

IV Xornada de Innovación Educativa na Universidade


Tipo Innovación docente
Código PIE0104
Nome IV Xornada de Innovación Educativa na Universidade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición A "IV Xornada de Innovación Educativa na Universidade" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2009. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa dentro do Programa de Innovación Educativa.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Esta xornada pretende ofrecer as experiencias persoais do profesorado da Universidade de Vigo nalgunha actividade educativa innovadora.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/11/2009 12:00 - 11/12/2009 10:00
Período de docencia 11/12/2009 - 11/12/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

É moi importante para a mellora da docencia coñecer as experiencias innovadoras realizadas polos profesores e profesoras. O intercambio de experiencias, axuda aos que as fixeron a reflexionar sobre o camiño seguido, as dificultades e logros acadados, e para o resto coñecer experiencias doutros docentes pode servir para mellorar a súa práctica.

Condicións de acceso

Tanto se quere participar coma relator coma se vai participar coma público, será necesario que se preinscriba no curso.

Para participar coma relator pode consultar información aquí

Calendario

11 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Programa

    Cada presentación será de 10 minutos e tras cada bloque de 4 comunicacións, haberá 10 minutos para dúbidas e preguntas. O horario que se expón a continuación é orientativo:

  1. Salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo:

    • 10:00  Presentación da IV Xornada de Innovación Educativa na Universidade.

    • 10:10  Aplicación práctica das tecnoloxías audiovisuais en rede para a docencia dunha materia regrada de Enxeñaría Industrial. Ignacio Armesto e Vicente Goyanes.

    • 10:20  Docencia virtual dun curso de mestrado sobre a plataforma Moodle. Antonio Carvajal-Rodríguez.

    • 10:30  A ensinanza do Common Law dende unha perspectiva integradora e colaboradora. María José Bravo Bosch.

    • 10:40  "Se creamos unha páxina web en inglés seguindo as instrucións do profe de Inglés teriamos que rematar aprendendo inglés e algo máis tamén!" Descrición dunha actividade na aula do ano 2008/2009. Derradeiro primeiro ano de Filoloxía Inglesa. Eduardo José Varela Bravo.

    • 10:50  Dúbidas e preguntas.

    • 11:00  Xogo de rol. Responsabilidade administrativa. Rafael Fernández Acevedo.

    • 11:10  3 MINUTOS, 3 NOTICIAS. Unha experiencia en busca da aprendizaxe significativa e a formación de profesionais reflexivos na materia Fundamentos de fisioterapia. Berta Paz Lourido.

    • 11:20  Boloña e profesores universitarios como propiciadores do cambio de paradigma necesario para a sociedade do século XXI. Xulio Fernández Hermida.

    • 11:30  Implantación dun proceso de avaliación continua cunha plataforma de telensino. Pedro Comesaña Alfaro, Marcos Curty Alonso, Óscar W. Márquez Flórez e Juan Ramón Troncoso Pastoriza.

    • 11:40  Dúbidas e preguntas.

    • 11:50  É posible unha docencia integramente virtual? O caso do Título Propio en Información Técnica do Medicamento. Inés C. Iglesias Canle e Alberto Vaquero García.

    • 12:00  Modelado do ciclo do carbono mediante o programa 'STELLA'. Emilio Marañón e Beatriz Mouriño.

    • 12:10  Experiencias docentes con mundos virtuais. Enrique Barreiro Alonso, Susana Gómez Carnero e David Casado Neira.

    • 12:20  Xogo de repaso e autoavaliación do alumnado (e do labor docente do profesor/a). Roberto O. Bustillo Bolado.

    • 12:30  Dúbidas e preguntas.

    • 12:40  Copenhagen 2.0. Miguel Ángel Mirás Calvo e Carmen Quinteiro Sandomingo.

    • 12:50  Unha experiencia de aprendizaxe cooperativa en materias de literatura española. Montserrat Ribao Pereira.

    • 13:00  O ensino de materias de ámbito fiscal nas titulacións do ámbito xurídico-social. Santiago Lago Peñas e Alberto Vaquero García.

    • 13:10  Posibilidades didácticas da plataforma Moodle na materia de Educación especial de Psicopedagoxía. Alberto José Barreira Arias e José Antonio Sarmiento Campos.

    • 13:20  Dúbidas e preguntas.

    • 13:30  A docencia en Dereito procesual a través da práctica forense. Inés C. Iglesias Canle.

    • 13:40  Un exercicio de sistematización de erros e corrección de traballos do alumnado: Markin v4. Javier Pérez Guerra.

    • 13:50  Dúbidas e preguntas.

    • 16:00  Materias multidisciplinares no EEES. Procesos espazo tempo, 2008/2009: proposta, seguimento e análise dun exercicio de carácter non presencial. Juan Loeck Hernández e Juan Carlos Meana Martínez.

    • 16:10  Uso didáctico das actividades manipulativas: aprendizaxe do profesorado universitario. José Benito Vázquez Dorrío.

    • 16:20  Flexibilidade metodolóxica en materias de libre elección; motivacións no alumno, matrícula necesaria e incorporación de coñecementos ao currículo. Experiencias en ADE, Telecomunicacións, Industriais e Ciencias do Mar. Francisco Javier Sánchez Sellero, María Montserrat Cruz González e Pedro Sánchez Sellero.

    • 16:30  Unha experiencia de análise do significado e aplicación de competencias científicas. María M. Álvarez Lires, J. Francisco Serrallé Marzoa, Uxío Pérez Rodríguez, Azucena Arias Correa e F. Javier Álvarez Lires.

    • 16:40  Dúbidas e preguntas.

    • 16:50  Deseño e organización do traballo en grupo da materia Cinesiterapia na titulación de Fisioterapia. Alicia González Represas, Mercedes Soto González, Eva Mª Lantarón Caeiro e Manuel Gutiérrez Neto.

    • 17:00  Factores do éxito nos estudos de bioloxía na Universidade de Vigo. Antonio Palanca Soler e Luz Calia Miramontes Sequeiros.

    • 17:10  Introdución á aprendizaxe informal semidirixida. Carlos López Ardao.

    • 17:20  Autoavaliación versus avaliación externa nos sistemas de avaliación continua dos alumnos. Miguel Rodríguez Méndez.

    • 17:30  Dúbidas e preguntas.

    • 17:40  Utilización de foros virtuais como ferramentas de aprendizaxe. Mª Isabel Cal Bouzada e Mª Victoria Verdugo Matés.

    • 17:50  A estratexia de “dous profesores por aula” nos cursos de extensión e complementarios da Universidade de Vigo. Paulino Alegre Fidalgo e Alberto Comesaña Campos.

    • 18:00  Aplicación de técnicas de e-learning para o ensino de electrónica de potencia. Jorge Marcos Acevedo e Camilo Quintáns Graña.

    • 18:10  Potencialidades e problemáticas da “creación de coñecementos” por parte dos alumnos en primeiro curso de novos graos; unha experiencia en ADE. Francisco Javier Sánchez Sellero, María Montserrat Cruz González e Pedro Sánchez Sellero.

    • 18:20  Dúbidas e preguntas.

  2. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais:

    • 10:00  Presentación da IV Xornada de Innovación Educativa na Universidade.

    • 10:10  A (auto) avaliación na docencia da interpretación consecutiva como axuda á aprendizaxe. Lara Domínguez Araújo.

    • 10:20  O teatro científico como recurso didáctico. Pío M. González Fernández, Eduardo García Parada e Julia Serra Rodríguez.

    • 10:30  Experiencia en docencia virtual: “Equipo Investigación Grímpola”. Silvia Ruiz Blanco, Belén Fernández Feijóo-Souto, Sonia Rodríguez Parada e Mª José Cabaleiro Casal.

    • 10:40  Plataformas educativas como ferramenta de avaliación nun contorno universitario. Amparo Rodríguez Damián.

    • 10:50  Dúbidas e preguntas.

    • 11:00  Metodoloxías docentes en Estancias clínicas da titulación de Fisioterapia. Eva Mª Lantarón Caeiro, Manuel Gutiérrez Nieto, Mercedes Soto González e Alicia González Represas.

    • 11:10  A importancia do emprego de material audiovisual para impartir clases sobre comunicación política. Silvia García Mirón.

    • 11:20  Implicación do alumno na súa aprendizaxe a través do Foro de actualidade xurídica. Mª Dolores Fernández Fustes.

    • 11:30  O traballo de fin de Grao en Fisioterapia. Manuel Gutiérrez Nieto, Eva Mª Lantarón Caeiro, Alicia González Represas e Mercedes Soto González.

    • 11:40  Dúbidas e preguntas.

    • 11:50  Coordinación de materias. Desenvolvemento de habilidades baseadas en competencias a través da práctica. O caso da Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas (Universidade de Vigo). Experiencia entre Estratexias e Produción publicitaria en tv. Paulino Pérez Feijoo e Emma Torres Romay.

    • 12:00  A práctica do Dereito administrativo na Universidade de Vigo. Sonia Rodríguez-Campos González.

    • 12:10  Proxectos de arte de acción no novo Grao en Belas Artes. Carlos Tejo Veloso.

    • 12:20  Valoración do ambiente de aprendizaxe no laboratorio de ciencias. Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia.

    • 12:30  Dúbidas e preguntas.

    • 12:40  Os contornos persoais de aprendizaxe na coordinación de materias. José Vicente Novegil Souto.

    • 12:50  Avaliación a través de “probas de seguimento”. Mª Eva Diz Comesaña.

    • 13:00  Compartindo experiencias de educación sexual na rede: o blog “Psicosexualidadourense” como lugar de encontro para a formación integral da sexualidade. María Lameiras Fernández, María Victoria Carrera Fernández, Diana Prieto Rodríguez e Juan Rubén Fernández Fernández.

    • 13:10  Adquisición de competencias en interpretación consecutiva. Mª Isabel del Pozo Triviño.

    • 13:20  Dúbidas e preguntas.

    • 13:30  A aprendizaxe colaboradora na materia Movemento funcional en Fisioterapia. Mercedes Soto González, Alicia González Represas, Manuel Gutiérrez Nieto e Eva Mª Lantarón Caeiro.

    • 13:40  Novos retos docentes no EEES: espertando a vocación científica con preguntas e proxectos de iniciación á investigación en Fisioloxía vexetal. Nuria Pedrol, Adela Sánchez-Moreiras e Manuel J. Reigosa.

    • 13:50  Dúbidas e preguntas.

    • 16:00  Internet e as plataformas de teledocencia: un novo modelo de aprendizaxe. José Ayude Vázquez.

    • 16:10  Sumanet: experiencia sobre uso de software libre para a realización de proxectos de fin de carreira. Ana Vázquez Alejos, Manuel García Sánchez, Felipe Gil Castiñeira e Rafael Asorey Cacheda.

    • 16:20  O portafolio electrónico como instrumento para a avaliación de competencias. Manuela Raposo Rivas e Mª Esther Martínez Figueira.

    • 16:30  Integración de alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo na Universidade de Vigo. Manuel Ojea Rúa e Nuria Diéguez García.

    • 16:40  Dúbidas e preguntas.

    • 16:50  Uso dun blog para organizar as tarefas do alumno fóra da aula. Pablo Raúl Bonorino Ramírez.

    • 17:00  Interacción didáctica con metodoloxías activas en Organización de Empresas. Pedro Sánchez Sellero, Mª Montserrat Cruz González, Francisco Javier Sánchez Sellero.

    • 17:10  Uso didáctico e complementario das redes sociais de internet na materia de Deportes de adversario na Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Roberto Barcala Furelos, Andrea Soria Domínguez e Adrián Paz Franco.

    • 17:20  Valoración dos traballos de investigación realizados en pequeno grupo por estudantes de 2º de Maxisterio. Miguel A. Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia.

    • 17:30  Dúbidas e preguntas.

    • 17:40  A rúbrica na titorización de traballos en grupos: opinións e valoracións. Mª Esther Martínez Figueira e Manuela Raposo Rivas.

    • 17:50  Eficacia da aprendizaxe cooperativa e por tarefas: experiencia nunha materia adaptada ao EEES. Javier Montalvo Rodríguez.

    • 18:00  Participar no ámbito profesional antes de rematar a carreira. A xestión cultural en Belas Artes. Silvia García González.

    • 18:10  Sistema económico de videoconferencia intercampus para a impartición de leccións no Mestrado Interuniversitario de Fotónica e Tecnoloxías do Láser. José Ramón Salgueiro, Humberto Michinel, Daniele Tommasini, Alicia Vázquez-Carpentier e David Nóvoa.

    • 18:20  Dúbidas e preguntas.

Impartido en

Salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

Tanto a asistencia como a presentación de experiencias recibirán recoñecemento mediante a correspondente acreditación pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos