III Xornada de Innovación Educativa na Universidade

Información do curso

III Xornada de Innovación Educativa na Universidade


Tipo Innovación docente
Código PIE0103
Nome III Xornada de Innovación Educativa na Universidade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición A "III Xornada de Innovación Educativa na Universidade" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2008. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa dentro do Programa de Innovación Educativa.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Esta xornada pretende ofrecer as experiencias persoais do profesorado da Universidade de Vigo nalgunha actividade educativa innovadora.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 21/11/2008 12:00 - 12/12/2008 10:00
Período de docencia 12/12/2008 - 12/12/2008

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

É moi importante para a mellora da docencia coñecer as experiencias innovadoras realizadas polos profesores e profesoras. O intercambio de experiencias, axuda aos que as fixeron a reflexionar sobre o camiño seguido, as dificultades e logros acadados, e para o resto coñecer experiencias doutros docentes pode servir para mellorar a súa práctica.

Condicións de acceso

Tanto se quere participar coma relator coma se vai participar coma público, será necesario que se preinscriba no curso.

Calendario

12 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Programa

    Cada presentación será de 15 minutos e a maiores con 5 minutos para dúbidas e preguntas. O horario que se expón a continuación é orientativo:

  1. Salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo:

    • 10:00  Presentación da III Xornada de Innovación Educativa na Universidade.

    • 10:20  Novas técnicas de aprendizaxe baseadas na colaboración co tecido empresarial do contorno universitario. Jorge Marcos Acevedo e Javier Sánchez Real.

    • 10:40  Explorando ao máximo os LMS (Learning Management System). Amparo Rodríguez Damián.

    • 11:00  Dinamización da comunidade universitaria a través do traballo por proxectos: III Xornadas de Tradición e Xogo na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Ana Rey Cao e os estudantes da materia Deporte para todos: Ana González Cortiñas, David Feijoo Fernández, Miguel Ángel Fernández Fernández, Antonio Hernández Fernández, Sandra Marsillas Riveiro, Yashodhara Pena Soage, Alicia Riveiro Bozada, Jorge Rodríguez Coma, Lara Rodríguez Díaz, Esther Simón Benito, Phara Souto Silva, Ángel Soler Rúa e Jorge Troncoso Lago.

    • 11:20  O uso de TEMA como ferramenta didáctica na Licenciatura de Tradución e Interpretación . Alberto Álvarez Lugrís.

    • 11:40  Reducir esixencias e traballar as motivacións para lograr unha maior aprendizaxe. Xulio Fernández Hermida.

    • 12:00  Experiencia de innovación educativa no espazo de Formación Aberta de Maiores na Universidade de Vigo: Saúde e Medio Ambiente. Antonio Palanca Soler e Calia Miramontes.

    • 12:20  O blog e a Educación ambiental en termos ECTS. Esther Martínez Figueira.

    • 12:40  Titoría online: resultados na aplicación á dirección de traballos. Alberto Saco Álvarez.

    • 13:00  Actividades prácticas innovadoras na formación dos mestres. Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia.

    • 13:20  A plataforma TEMA. Unha experiencia de formación permanente no profesorado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Mª Ángeles Fernández Villarino, Carlos Lago Peñas e Ignacio Martínez Lemos.

    • 16:00  ABP: nova técnica didáctica na materia de Biotecnoloxía vexetal. Pedro Pablo Gallego Veigas.

    • 16:20  Unha experiencia de aprendizaxe colaborativa en Dereito romano. Mª José Bravo Bosch.

    • 16:40  Unha alternativa de ensinanza-aprendizaxe en Econometría. Mª Victoria Verdugo Matés e Mª Isabel Cal Bouzada.

    • 17:00  Unha aproximación multidisciplinar ao estudo da Literatura. Rosalía Rodríguez Vázquez.

    • 17:20  Xornadas de introdución ás técnicas de traballo universitario: unha experiencia para o alumnado de 1º curso da Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Ana Rey Cao, Héctor Castro Rey, José María Cancela Carral, Alicia Riveiro Bozada, Cristina López Villar, Domingo Rodríguez Teijeiro, Carlos Lago Peñas e Jorge Viaño Santasmarinas.

    • 17:40  Utilización de textos histórico-científicos na aula. María M. Álvarez Lires e Uxío Pérez Rodríguez.

    • 18:00  Un entorno personal de aprendizaxe para o ensino da Estatística. Vicente Novegil Souto.

    • 18:20  Desenvolvemento de métodos docentes e cooperativos para a formación en competencias na Economía aplicada: unha experiencia de avance cara o modelo do EEES. Gonzalo Caballero Míguez e Dolores Garza Gil.

    • 18:40  Innovación educativa como catalizadora de colaboración interdepartamental. Exemplo na Universidade de Vigo. Paulino Alegre Fidalgo.

    • 19:00  O Dereito Penal a través do Cine. A proxección cinematográfica como soporte pedagóxico no ensino do Dereito Penal. Virgilio Rodríguez Vázquez.

  2. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais:

    • 10:00  Presentación da III Xornada de Innovación Educativa na Universidade.

    • 10:20  Expectativas, experiencias e competencias do alumnado sobre ou uso da plataforma de teleformación TEMA na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Myriam Alvariñas Villaverde, Cristina López Villar e Jorge Viaño Santasmarinas.

    • 10:40  Estratexias da divulgación científica utilizadas como recursos didácticos no ámbito científico-tecnolóxico . Pío M. González Fernández e Julia Serra Rodríguez.

    • 11:00  A ensinanza da Economía no Programa de Maiores da Universidade de Vigo . Alberto Vaquero García e Santiago Lago Peñas.

    • 11:20  O SEEQ como instrumento de valoración da ensinanza: Primeiros resultados. Mª Victoria Verdugo Matés e Mª Isabel Cal Bouzada.

    • 11:40  Zig-zag (programa de TV en internet adicado á tradución). José Yuste Frías.

    • 12:00  O emprego da lista de correo electrónico da plataforma TEMA en varios cursos da Licenciatura de Filoloxía Inglesa: modo de garantir a organización de cursos mixtos e presenciais con apoio virtual. Eduardo Xosé Varela Bravo.

    • 12:20  Estratexia para optimizar o traballo en grupo dos alumnos durante a elaboración dunha monografía. Elisa Longo González.

    • 12:40  Adaptación da materia Xenética xeral de 2º de Bioloxía ao EEES. David Posada González.

    • 13:00  Cuestionarios de autoavaliación na plataforma TEMA. María José Pérez e Julia Carballo.

    • 13:20  Actuacións de coordinación horizontal na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Jose María Cancela Carral, Ana Rey Cao, Jorge Soto Carballo e Alicia Riveiro Bozada.

    • 16:00  Formas de medir a satisfacción alumno-profesor: experiencia na materia de Estatística III de A.D.E.. María Gómez Rúa, Leticia Lorenzo Picado e Estela Sánchez Rodríguez.

    • 16:20  Novas tecnoloxías para o ensino da astronomía. María M. Álvarez Lires e Uxío Pérez Rodríguez.

    • 16:40  E-learning 2.0: experiencias docentes na universidade. Pedro Cuesta Morales.

    • 17:00  Investigación experimental de radiocomunicación nas aulas. Ana Vázquez Alejos, Manuel García Sánchez e Íñigo Cuiñas Gómez.

    • 17:20  Deseño e posta en marcha da materia de Bioinorgánica na Licenciatura de Química utilizando novos modelos docentes. Carmen Rodríguez Argüelles.

    • 17:40  Hot potatoes: unha aplicación para crear exercicios interactivos. Mª Victoria Fernández Carballo-Calero.

    • 18:00  Experiencia de posta en práctica do EEES dende a materia de Desenvolvemento psicomotor. Francisco Javier García Núñez e José Mª Pazos Couto.

    • 18:20  A tradución de material matemático como elemento formativo. Miguel Ángel Mirás Calvo e Carmen Quinteiro Sandomingo.

    • 18:40  A docencia virtual no Departamento de Economía Financiera e Contabilidade da Universidad de Vigo. Mª José Cabaleiro Casal, Belén Fernández Feijóo-Souto, Sonia Rodríguez Parada e Silvia Ruiz Blanco.

    • 19:00  A construcción do imaxinario do alumno sobre o contexto profesional. Félix Blanco González.

Impartido en

Salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

Tanto a asistencia como a presentación de experiencias recibirán recoñecemento mediante a correspondente acreditación pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos