Office 365 básico. Outro xeito de traballar

Información do curso

Office 365 básico. Outro xeito de traballar


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP36523
Nome Office 365 básico. Outro xeito de traballar
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 12
Descrición

Este curso é eminentemente práctico e busca describir as diferentes aplicacións de Office 365 de Microsoft. A súa finalidade é dar solucións máis eficientes a tarefas do día a día e obter unha maior produtividade cun menor esforzo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 25/05/2023 12:00 - 04/09/2023 23:59
Período de docencia 18/10/2023 - 27/10/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir as diferentes aplicacións de Office 365.
  • Valorar as posibilidades das aplicacións de Office 365.
  • Empregar as aplicacións de Office 365.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase os días 18, 20, 25 y 27 de outubro de 16 a 19 horas.

Programa

  1. Onedrive:
    -Introdución a Onedrive.
    -Compartindo.
    -Sincronización de cartafoles/arquivos.
    -Utilizando varias contas.
    -Control de versións. Recuperación.
    -Posibilidade de utilizar automaticamente un mesmo escritorio, documentos e imaxes en diferentes equipos.
    -Aplicación móbil.
  1. Teams:
    -Introdución a Teams.
    -Equipos ou grupos de traballo e canles.
    -Teams como hub concentrador de aplicacións para ti e o teu equipo.
    -Comunicación:
    -Xestión de documentos.

  2. Onenote:
    -Introdución a Onenote.
    -Como organizarse en Onenote.
    -Compartir.
    -Seguridade.

  3. To-Do:
    -Introdución a To-Do.
    -Xestión de listaxes.
    -Correo electrónico marcado.
    -Tarefas.
    -Soporte multiconta.
    -Aplicación móbil.

  4. Planner:
    -Introdución a Planner.
    -Plans, depósitos e tarefas.
    -Agrupación de tarefas por depósitos.
    -Asignación e seguimento de tarefas.
    -Integración en Teams.
    -Aplicación móbil.

Impartido en

Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

José Manuel Portela Jelusich

É técnico de informática na Universidade de Vigo. Diplomouse en Ciencias Empresariais, especialidade Informática de Xestión.

Posúe unha ampla formación en Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Ten impartido docencia relacionada coas competencias ofimáticas na Universidade de Vigo, Centros de formación ocupacionais e outras entidades.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % do curso.
  • Superación dos exercicios, cuestionarios e  elaboración dun proxecto práctico.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos