Mellora as túas presentacións (Campus de Vigo)

Información do curso

Mellora as túas presentacións (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPRE23
Nome Mellora as túas presentacións (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Esta actividade formativa busca que o profesorado mellore as súas presentacións con PowerPoint e empregue correctamente a imaxe corporativa da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Entidades organizadoras

Área de Imaxe e Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/03/2023 12:00 - 12/05/2023 23:59
Período de docencia 22/05/2023 - 25/05/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Adquirir técnicas clave para deseñar unha presentación efectiva.
  • Analizar o impacto da nosa comunicación non verbal nunha presentación.

  • Distinguir os elementos básicos da identidade corporativa da Universidade de Vigo.

  • Valorar a importancia de aplicar correctamente a identidade corporativa gráfica.

  • Identificar as cores e tipografías corporativas da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase os días 22, 23, 24 e 25 de maio de 16 a 18 horas.

Programa

1. Introdución á identidade corporativa.
2. Aplicacións da identidade corporativa da Universidade de Vigo.
3. Preparación dunha presentación:
   - Que fai exitosa unha presentación?
   - Definición do obxectivo: Que esperan desta presentación?
   - O contido: organización, claridade e coherencia.
   - Aperturas e peches de impacto.
   - Unha imaxe vale máis que mil palabras.
4. A posta en escena:
   O impacto da comunicación non verbal nas nosas mensaxes.
   - Pánico escénico. O onde e o cando.
   - A voz.
   - Análise de aspectos críticos nunha presentación.

Impartido en

Campus de Vigo. Aula-seminario 5 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

Julinda Molares Cardoso

É doutora en Comunicación, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, mestrada en Protocolo Internacional e mestrada en Experiencia de usuario (UX/EU). Posúe formación específica en comunicación, técnicas expositivas, estilismo, deseño e persoal branding. É directora da Área de Imaxe da Universidade de Vigo e profesora no grao de Publicidade e Relacións Públicas. Tamén imparte docencia no Mestrado de Dirección de Arte e no Mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo.

Tania Sueiro Graña

É doutora en Comunicación, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, mestrada en Dirección de Arte e mestrada en Lingua e Comunicación para os Negocios. É deseñadora gráfica na Área de Imaxe, Fundación Universidade de Vigo e docente convidada no Mestrado de Dirección de Arte e no curso de Deseño gráfico e-destrezas da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

Para a superación da actividade formativa será necesaria:

  • A asistencia ao 80 % das sesións presenciais.
  • A realización das tarefas do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos