Introdución á elaboración de materiais educativos accesibles para unha educación inclusiva

Información do curso

Introdución á elaboración de materiais educativos accesibles para unha educación inclusiva


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPACCE23
Nome Introdución á elaboración de materiais educativos accesibles para unha educación inclusiva
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 8
Descrición

Nas contornas educativas nos que se empregan sistemas de xestión da aprendizaxe (SXA) como Moodle, a educación inclusiva depende de tres elementos crave: a accesibilidade do SXA, a accesibilidade dos contidos educativos que se publiquen no SXA e a interacción inclusiva entre o estudantado e o profesorado.
Neste curso abordarase a accesibilidade dos contidos educativos. En concreto, a accesibilidade dos documentos electrónicos creados cun paquete ofimático como Microsoft Office ou similar e a súa exportación a formato Adobe PDF. Ademais, tamén se abordará a creación de vídeos educativos accesibles e a súa publicación en Youtube.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/02/2023 12:00 - 28/04/2023 23:59
Período de docencia 09/05/2023 - 18/05/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

- Definir os principais aspectos da educación inclusiva.
- Xerar documentos electrónicos accesibles.
- Xerar vídeos accesibles e publicalos en YouTube.

Condicións de acceso

A persoa participante terá que saber usar un sistema de ficheiros dun ordenador, empregar un paquete ofimático como Microsoft Office ou similar e navegar pola Web e empregar aplicacións web.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase os días 9, 11, 16 e 18 de maio de 16 a 18 horas.

Programa

1. A educación inclusiva e o deseño universal para a aprendizaxe (DUA).
2. Barreiras de accesibilidade que experimentan as persoas con discapacidade ao utilizar o computador.
3. As pautas de Accesibilidade para a contido web da World Wide Web Consortium (W3C).
4. Creación de documentos Microsoft Word accesibles.
5. Creación de documentos Microsoft PowerPoint accesibles.
6. Creación de documentos Adobe PDF accesibles a partir de documentos Microsoft Word e PowerPoint.
7. Creación de vídeos accesibles e a súa publicación en Youtube.

Impartido en

A través do Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

Sergio Luján Mora

É catedrático do Departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Alacante. Obtivo o seu grao de Doutor Enxeñeiro en Informática na Universidade de Alacante no ano 2005 cunha tese sobre o modelado de almacéns de datos con UML. Realizou estancias posdoctorales en EE.UU. e Ecuador. Os seus temas principais de investigación inclúen o desenvolvemento de aplicacións web, a usabilidade e a accesibilidade web, o e-learning, os cursos en liña abertos e masivos (MOOC) e os recursos educativos abertos (REA).

Sistema de avaliación

Asistencia como mínimo ao 80 % das sesións síncronas.
Obter unha cualificación mínima de 5 no cuestionario final (preguntas de selección múltiple, as preguntas mal contestadas restan).
Realización satisfactoria do exercicio práctico final consistente na creación dun documento accesible con Microsoft Word, a súa conversión a un documento Adobe PDF accesible e a publicación en Youtube dun vídeo accesible.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos