Crea e xestiona o teu perfil investigador

Información do curso

Crea e xestiona o teu perfil investigador


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPIPERFIL221
Nome Crea e xestiona o teu perfil investigador
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

Esta actividade forma parte das liñas de accións do selo HR. Este selo busca mellorar o futuro profesional do persoal investigador. Podes consultar máis información en: https://www.uvigo.gal/es/investigar/idi-uvigo/estrategia-investigadora/estrategia-personal-investigador-hrs4r

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130304
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O uso de formas diferentes no nome persoal do investigador/a ou da súa institución nas publicacións científicas dificulta a recuperación nas bases de datos das súas sinaturas e das citas recibidas e diminúe a visibilidade da súa produción científica e o da súa institución. En consecuencia, é necesario elixir unha firma normalizada que identifique claramente ao investigador/a e o distinga dos demais. Paralelamente, existen identificadores como ORCID ID e perfís de investigador/a onde o persoal investigador achega os seus datos de filiación institucional, a traxectoria académica e a produción científica co fin de darse a coñecer a outros membros da comunidade científica ou distinguirse doutros colegas. Polo tanto, actúan en dous eixos: a desambiguación e a visibilidade dos resultados de investigación. Tanto a normalización da sinatura como o uso de identificadores son dúas actividades esenciais para xestionar adecuadamente a identidade dixital como investigador/a na actual contorna da investigación científica.

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/06/2022 12:00 - 01/07/2022 14:00
Período de docencia 04/07/2022 - 27/07/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Este curso vai dirixido preferentemente a persoal docente e investigador da Universidade de Vigo sen coñecementos previos ou con coñecementos básicos sobre perfís de investigador/a (por exemplo, que non conten co identificador ORCID ID ou que necesiten completalo e vinculalo con outros perfís, ou ben que necesiten crear e xestionar outros perfís como ResearcherID (WoS), Scopus Author ID, Google Scholar, etc.).

Obxectivos

Comprender a importancia da normalización da sinatura científica e da correcta xestión da identidade dixital na actual contorna da investigación.

Coñecer os pasos para normalizar a sinatura científica e aplicar o Protocolo de normalización da filiación institucional e do nome persoal nas publicacións do persoal vinculado á Universidade de Vigo. Normalizar a sinatura nas bases de datos Web of Science e Scopus.

Crear e/ou xestionar o ORCID ID e os perfís WOS Researcher ID, Scopus Author ID, Google Scholar e Dialnet.

Condicións de acceso

Persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.

No caso de quedar prazas dispoñibles poderán participar outras persoa interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Escola Aberta de Formación Permanente.

Criterios de selección

Por orde de inscrición entre as persoas que cumpran os requisitos para participar.

Calendario

Do 4 de xullo ao 27 de xullo de 2022

Programa

Módulo 0: A identidade dixital do investigador/a

Módulo 1: A normalización da sinatura científica

Módulo 2: Identificadores e perfís de autor/a

Módulo 3: ORCID ID

Módulo 4: Scopus AuthorID

Módulo 5: WOS ResearcherID e Publons

Módulo 6: Dialnet e Google Scholar

Módulo 7: Estratexias para visibilizar a produción científica

Cada un dos módulos estrutúrase nunha introdución, bloques de contido, unha tarefa práctica e un test de autoavaliación. No módulo 0 haberá tamén un Foro avaliable.

Impartido en

Plataforma MOOVI e titorías virtuais no Campus Remoto

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo

O diploma poderá descargarse da plataforma MOOVI e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.

Profesorado

Héctor Castro Rey. Desde o ano 2000 presta os seus  servizos na Biblioteca Universitaria de Vigo, dedicándose a funcións de información bibliográfica e referencia, que complementa coas de bibliotecario formador.  Impartiu numerosos cursos de alfabetización informacional presenciais e en liña en graos e posgraos da  Universidade de Vigo, así como no Programa de Formación Permanente do Profesorado. Actualmente é o responsable da Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación da Biblioteca Universitaria.

Participará persoal da Biblioteca Central do Campus de Vigo

Sistema de avaliación

Para superar o curso valorarase a participación nos foros e a realización das actividades propostas polos docentes na plataforma MOOVI

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos