Microsoft Excel para a docencia (Iniciación)

Información do curso

Microsoft Excel para a docencia (Iniciación)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPEXC22
Nome Microsoft Excel para a docencia (Iniciación)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 21
Descrición

A formación está dirixida ao profesorado que está comezando a traballar con Microsoft Excel como ferramenta de cálculo, análise ou tratamento de datos. Independentemente do grao de coñecemento actual o curso permitirá consolidar os conceptos e usos fundamentais do programa.
Ao rematar as persoas participantes estarán familiarizadas co uso da ferramenta ofimática Excel. Na formación traballaranse os conceptos relacionados con operacións, as funcións básicas e introduciranse conceptos avanzados referidos aos gráficos, análise de datos e vinculación con outras ferramentas de Office.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 08/04/2022 12:00 - 25/04/2022 23:59
Período de docencia 04/05/2022 - 25/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir os conceptos fundamentais de Excel, como folla de cálculo e como ferramenta de análise de datos.
  • Manexar as funcións primordiais de Microsoft Excel.
  • Dominar os tipos de gráficos en Excel e as posibilidades de personalización.
  • Diferenciar os rangos, táboas e táboas dinámicas.
  • Analizar os resultados do emprego dos rangos, táboas e táboas dinámicas.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do Campus remoto os días 4, 6, 11, 13, 18, 20 e 25 de maio de 16 a 19 horas.

 

Programa

  1. Presentación e introdución. Funcións básicas.
  2. Auditoría de fórmulas. Control de erros. Gráficos. Seguridade. Vistas e impresión.
  3. Rangos. Táboas. Táboas dinámicas.
  4. Gráficos dinámicos.
  5. Introdución á análise de datos con Excel.
  6. Introdución ás ferramentas avanzadas. PowerQuery.
  7. Vinculación de Microsoft Excel con outras ferramentas de Microsoft Office.

Impartido en

Campus remoto e Moovi.

Observacións

Titorización:
O alumnado poderá formular as súas dúbidas por correo electrónico ao longo do curso e no caso de que algunha persoa necesite atención presencial establecerase unha sesión síncrona de titoría.

Titulación

A Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado emitirá un diploma ás persoas que superen a formación.

Profesorado

Guillermo Rey González

É doutor pola Universidade de Vigo e imparte docencia no Grao de Enxeñaría Espacial. Posúe ampla experiencia na impartición de cursos de formación sobre Excel: desde o programa eDestrezas, cursos de verán e formacións especializadas para departamentos e unidades da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso.
  • Superación de catro exercicios prácticos relacionados cos principais conceptos desenvolvidos.
  • Superación do cuestionario-test final de avaliación. Estará composto por 10 preguntas, con catro posibles respostas e unha correcta.
    O estudantado deberá obter un 7 en cada unha das probas para aprobar o curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos