Iniciación á Terminoloxía e á Neoloxía
Información do curso
Iniciación á Terminoloxía e á Neoloxía
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPGALIN22 | ||||
Nome | Iniciación á Terminoloxía e á Neoloxía |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Na docencia e na investigación utilizamos termos especializados de áreas de coñecemento específicas e elaboramos glosarios ou, cando menos, definicións de conceptos especializados para introducir o alumnado nas disciplinas científicas. Facernos entender implica compartir información conceptual a través desas terminoloxías e definicións, que reflicten a complexidade do coñecemento en constante evolución. No noso labor diario enfrontámonos ás veces a vacilacións nas denominacións (varios termos para un mesmo concepto), a denominacións estranxeiras ou a un baleiro denominativo cando non existe un termo adecuado na lingua meta. Este curso pretende presentar as ferramentas e métodos para contribuír a solucionar estas dificultades desde a disciplina terminolóxica, a Terminografía e a Neoloxía. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 29/04/2022 12:00 - 27/05/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 30/05/2022 - 30/06/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Coñecer as principais fontes e consulta terminográfica: dicionarios, glosarios, léxicos, bancos de datos, etc.
- Coñecer os métodos do traballo terminolóxico puntual e sistemático.
- Aprender a elaborar definicións terminográficas de conceptos especializados e a compilalos en glosarios.
- Activar a competencia instrumental no referido á Terminoloxía e á Neoloxía.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Desenvolverase os días 30 de maio, 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño de 16 a 19 horas. Quedarían por determinar dúas horas de titorización.
Programa
- Introdución á terminoloxía, terminografía e neoloxía
- Que é termo? Principais problemas terminolóxicos
- Fontes documentais para a Terminoloxía e o seu rendemento: dicionarios, fichas terminográficas, definicións etc.
- Proceso de decisión terminolóxica: variación terminolóxica e neoloxismos
- Neoloxía e neoloxismos
- Terminoloxía puntual: elaboración de dossier terminográfico
Impartido en
A través do Campus remoto.
Observacións
Titorización:
A través do campus remoto nos días e horas que se sinalen.
Titulación
A superación da actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.
Profesorado
Iolanda Galanes Santos
Doutora en Filoloxía Galega (1999) con estudos de posgrao na Université de Laval (Quebec, Canadá) e posdoutorais no Observatoire linguistique Sens-Texte (Univ. de Montréal). Conta con experiencia profesional en tradución e como documentalista no Consello da Cultura Galega. Ademais de participar periodicamente en congresos e publicar artigos e monografías, é autora de varios dicionarios especializados e profesora titular de Terminoloxía e Tradución no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
Será necesario asistir a polo menos o 80 % das sesións síncronas e desenvolver un proxecto terminolóxico.