Gamificación e Escape Rooms Educativos

Información do curso

Gamificación e Escape Rooms Educativos


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPGA22
Nome Gamificación e Escape Rooms Educativos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 15
Descrición

A  gamificación educativa é unha técnica docente para mellorar a motivación do alumnado no seu proceso de aprendizaxe. Non debe confundirse coa introdución de xogos na aula, pois é unha transformación máis fonda, que implica a aplicación de elementos, técnicas, mecánicas, ata deseño de xogos nunha contorna educativa. Unha destas técnicas é o Escape  Room, que é un dos escenarios máis complexos de gamificación. Neste curso preténdese explicar estes conceptos, comprender o porqué  gamificar e como facelo correctamente. Veranse tamén algunhas leccións aprendidas para entender que facer e que non facer para non cometer erros frecuentes á hora de implementar estas técnicas na aula. Combinaranse conceptos e sesións teóricas con outras máis prácticas e participativas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 09/03/2022 12:00 - 26/05/2022 23:59
Período de docencia 06/06/2022 - 15/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir as distintas técnicas de gamificación.
  • Analizar as vantaxes de gamificar unha actividade ou materia.
  • Aplicar técnicas de gamificación na docencia.
  • Describir as técnicas para implantar un Escape Room Educativo.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase os días 6, 8, 10, 13 e 15 de xuño de 10 a 13 horas.

Programa

  1. Que é a gamificación educativa.
  2. Por que gamificar a clase.
  3. Como aplicar a  gamificación na aula.
  4. Leccións aprendidas: que facer e que non facer.
  5. Escape Room Educativo.

Impartido en

Campus remoto.

Profesorado

César Cáceres Taladriz

É profesor titular na Universidade Rey Juan Carlos, onde imparte docencia desde 2003 na  ETSI Informática. Desde 2018 é Director do Centro de Innovación Docente e Educación Dixital (CIED) da devandita universidade.

Recibiu varios premios e recoñecementos ás súas propostas de innovación docente e impartiu varios cursos e seminarios en diversas universidades sobre  flipped  learning e sobre  gamificación e Escape  Rooms Educativos.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % do curso.
  • Deseño dun Escape Room Educativo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos