Introducción á edición de textos científicos con LaTeX

Información do curso

Introducción á edición de textos científicos con LaTeX


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCILA22
Nome Introducción á edición de textos científicos con LaTeX
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 10
Descrición

Neste curso aprenderase a redactar un documento científico en LaTeX desde cero, a través de exemplos prácticos que permitan coñecer dende os fundamentos máis básicos ata as opcións avanzadas desta linguaxe. LaTeX é un sistema de composición de textos, orientado á creación de documentos escritos que presenten unha alta calidade tipográfica. Polas súas características e posibilidades, é usado de forma especialmente intensa na escritura de artigos e libros científicos que inclúen, entre outros elementos, expresións matemáticas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022. 

Entidades organizadoras

Consorcio para o desenvolvemento de aplicación para a xestión universitaria (CIXUG).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/05/2022 12:00 - 29/07/2022 23:59
Período de docencia 12/09/2022 - 15/09/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 6

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir os elementos básicos para a edición de textos matemáticos.
  • Manexar de un xeito básico  LaTeX para a edición de textos matemáticos: elaboración de táboas, manexo de figuras, fórmulas e ecuacións.
  • Aplicar LaTeX na elaboración de documentos científicos.

Condicións de acceso

Computador con calquera sistema operativo (Windows, MacOS ou Linux), navegador (para usar Overleaf como editor de LaTeX), acceso a Internet, cámara web, auriculares e micrófono. Durante as sesións en directo, a cámara web debe estar activada para asegurar a participación da persoa inscrita. A plataforma de videoconferencia a empregar disporá de acceso mediante perfil gratuíto.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través da plataforma Zoom os días  12, 13, 14 e 15 de 9 a 11.30 horas. Terá contidos en liña na Aula Virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

 

Programa

Módulo 1. Preliminares.
Módulo 2. Procesamento de textos.
Módulo 3. Introdución a LATEX: comandos e estilos.
Módulo 4. Introdución a LATEX: máis comandos e aspectos de formato e texto.
Módulo 5. Introdución a LATEX: figuras e táboas.
Módulo 6. Introdución a LATEX: ecuacións e fórmulas.
Módulo 7. Consellos para crear presentacións.
Módulo 8. Presentacións con LATEX y Beamer.
Módulo 9. Presentacións Avanzado.
Módulo 10. Bibliografía con LATEX e BibTeX.

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Profesorado

Paula S., Alejandro S. e María José G.

Sistema de avaliación

En cada módulo describiranse os principais procedementos para a elaboración de documentos científicos (artigos, teses, presentacións,...) usando LaTeX. O alumnado disporá duns apuntes teóricos que se formulan en base á realización de exemplos e casos prácticos. Ademais, desenvolveranse sesións en directo a través de plataforma de videoconferencia (MS Teams, Zoom ou similar), onde o alumnado poderá seguir as explicacións e as indicacións realizadas por parte do profesorado. Durante cada sesión en directo proporanse exercicios prácticos que as persoas asistenes deben realizar. Ao finalizar o curso, realizarase unha proba final de avaliación dos contidos.

Tanto a plataforma de teleformación como a de viedoconferencia miden o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:
Participación nas sesións en directo e tempo de conexión (mínimo 10 horas) – 10%.
Tarefas realizadas durantes as sesións en directo – 70%.
Proba final (en liña) – 20%.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos