Formulación de proxectos de investigación para o desenvolvemento e cooperación exterior financiados pola Xunta de Galicia

Información do curso

Formulación de proxectos de investigación para o desenvolvemento e cooperación exterior financiados pola Xunta de Galicia


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPFOR21
Nome Formulación de proxectos de investigación para o desenvolvemento e cooperación exterior financiados pola Xunta de Galicia
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 12
Descrición

A Xunta de Galicia lanza anualmente convocatorias de axudas para proxectos de investigación ao desenvolvemento e cooperación exterior ás que se poden presentar universidades e outros axentes. Nesta formación estudaremos as súas bases, documentación a presentar e estratexias para acadar o mellor resultado posible.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Esta formación está incluída no marco das actividades organizadas pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e organizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e a Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/12/2021 12:00 - 13/12/2021 23:59
Período de docencia 15/12/2021 - 17/12/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 10

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado con vinculación permanente a tempo completo.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Coñecer as bases das convocatorias de Cooperación da Xunta de Galicia.
  • Familiarizarse coa documentación a presentar.
  • Familiarizarse co marco lóxico.
  • Coñecer o procedemento de presentación.
  • Coñecer os puntos fortes e débiles dos proxectos cara a formulación da convocatoria.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 15, 16 e 17 de decembro de 16 a 20 horas.

Programa

SESIÓN 1:
-Bases das convocatorias.
-Requisitos.
-Documentación.
-Financiamento, gastos permitidos.
-Criterios de valoración.
-Presentación de solicitudes.
-Sede electrónica da Xunta.
-Subsanación de requirimento.

SESIÓN 2
-Formulación do proxecto.
-Marco lóxico.

SESIÓN 3
-Documentación a presentar.
-Formulario da solicitude.
-Orzamento económico.

Impartido en

A través de Teams.

Profesorado

Juan Antonio Ortiz Delgado

Estudou Arquitectura na Universidade da Coruña e un Mestrado en Avaliación de Programas e Políticas Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Conta con estudos de posgrao e formacións específicas en cooperación ao
desenvolvemento, financiamento internacional para este tipo de proxectos, formulación orientada a resultados, avaliación de
impacto e outras.
É voluntario de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia desde 2010, e desde 2016 é o responsable de xestión na demarcación de Galicia. Entre outras labores, encárgase da formulación e xustificación de proxectos de cooperación exterior e educación para a cidadanía global financiados pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e outras entidades tanto públicas como privadas.
Como consultor independente ten experiencia en avaliacións, liñas de base e investigación social.

Marta Díaz del Río García

Estudou Psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Ten desenvolvido diversos estudos de posgrao e mestrado en diferentes universidades relacionados con educación, cooperación internacional e xénero.
Conta con 10 anos de experiencia no ámbito social, tanto en ONG sociais coma de desenvolvemento.
Algunha das entidades
coas que ten colaborado son: ACSUR-Las Segovias-Galiza, Acción contra a Fame Navarra, Médicos do Mundo Bilbao,
InteRed Galicia, Arquitectura sen Fronteiras, no campo de ONGD. Traballou coma Coordinadora de Programas de
Intervención Social durante 9 anos en Acción Familiar Ferrol.
Actualmente traballa como consultora independente en Faísca Consultora, desenvolvemento tarefas de avaliacións,
diagnóstico, plans estratéxicos, sistematizacións etc., mediante metodoloxías cuantitativas e cualitativas de investigación
social.

Lucía García-Cernuda Ruiz de Alda

Estudou Arquitectura na Universidade da Coruña, un Mestrado en formación de profesorado coa especialidade de matemáticas e está finalizando o Mestrado de Cooperación Internacional e Educación  Emancipadora pola Universidade do País Vasco, xunto a distintos cursos sobre cooperación ao desenvolvemento, enfoque de marco lóxico e formulación orientada a resultados. Actualmente desenvolve o seu labor educativo na área da Educación para o Desenvolvemento, vinculada a Arquitectura Sen Fronteiras e ao terceiro sector e colabora co ProxectoTERRA, programa educativo de arquitectura, paisaxe e territorio.

Sistema de avaliación

  • Requerirase un mínimo de asistencia do 80 % das sesións.
  • Superación dun traballo colaborativo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos