Avaliación baseada en competencias

Información do curso

Avaliación baseada en competencias


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCOMP21
Nome Avaliación baseada en competencias
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 25
Descrición

A finalidade desta formación é axudar ao profesorado a desenvolver as súas prácticas docentes en base a competencias e deseñar actividades para avalialas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/10/2021 12:00 - 26/10/2021 23:59
Período de docencia 04/11/2021 - 30/11/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 40

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Homoxeneizar o sentido de aprendizaxe baseada en competencias.
  • Reflexionar sobre os cambios educativos que supón esta aprendizaxe.
  • Formular obxectivos baseados en competencias.
  • Avaliación de competencias: indicadores, técnicas e organización da cualificacións.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase os días 4, 12, 16, 23 e 30 de novembro de 16 a 18 horas.

Programa

  • Uso da ferramenta Corubric para avaliar con rúbricas e outras técnicas.
  • Competencias xenéricas: tipos e formulación. Perfil académico.
  • Dúas claves da guía docente: créditos e competencias.
  • O roteiro de aprendizaxe, enfoque aprendizaxe, estratexias e metodoloxías.
  • Técnicas e sistemas de avaliación de competencias.

Impartido en

A parte presencial virtual desenvolverase a través de Zoom.

Profesorado

Aurelio Villa Sánchez

É doutor en Pedagoxía. É catedrático emérito da Universidade de Deusto na que foi Vicerreitor de Innovación, Calidade e Investigación durante 10 anos, e Director do Instituto de Ciencias da Educación no que traballou durante 25 anos.
É Presidente da Fundación Horreum Fundazioa: www.fundacionhorreum.org
Tamén foi o fundador e presidente do Foro Internacional de Innovación Universitaria durante 12 anos.
É autor e coautor de máis de 60 publicacións, entre as que se poden destacar as relativas ás competencias:

Aprendizaje basado en competencias. Editorial Mensajero.
Aprendizaje basado en competencias: desarrollo e implantación en el ámbito universitario. REDU. Revista de Docencia Universitaria, 2020, Vol. 18, Nº 34, págs.19-46.
La competencia evaluativa como factor de calidad docente: percepción de los maestros en la formación inicial. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado. Vol. 22, Nº 4, 2018, págs. 171-195.
Percepción del profesorado y responsables académicos sobre el proceso de implantación del Espacio Europeo de Educación Superior. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado. Vol. 19, Nº 2, 2015, págs. 245-264.
SEBSCO: una experiencia alternativa para evaluar competencias. Vol. 39, Nº 3, 2011, págs. 15-30.
Evaluación de competencias genéricas: principios, oportunidades y limitaciones. Bordón. Revista de Pedagogía. Vol. 63, Nº 1, 2011.
El aprendizaje basado en competencias y el desarrollo de la dimensión social en las universidades. Educar, Nº 40, 2007, 15-48.
Practicum y evaluación de competencias. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado. Vol. 8, Nº 2, 2004, págs. 245-264.

Sistema de avaliación

  • Requerirase un mínimo de asistencia do 80 %. 
  • Superación dun cuestionario de 10 preguntas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos