Análise de datos cualitativos con ATLAS.ti

Información do curso

Análise de datos cualitativos con ATLAS.ti


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPAT211VIR
Nome Análise de datos cualitativos con ATLAS.ti
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 6
Descrición

A actividade facilitará todos os recursos para comprender o procedemento analítico e o funcionamento do programa. Esta ferramenta pode axudar ao profesorado a investigar na súa docencia e acadar melloras nela.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 30/09/2021 12:00 - 28/10/2021 23:59
Período de docencia 08/11/2021 - 10/11/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Coñecer a importancia da estratexia analítica e a súa implantación en ATLAS.ti.
  • Identificar os principais compoñentes do programa no escenario analítico.
  • Aprender a xestionar documentos de diferentes tipos no programa.
  • Coñecer os principios da segmentación, memoing e codificación.
  • Aprender a recuperar datos e dar resposta ás preguntas de investigación.
  • Coñecer as ferramentas gráficas para representar resultados como os mapas conceptuais.

Condicións de acceso

Experiencia básica en metodoloxía cualitativa e coñecementos informáticos a nivel ofimático.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Desenvolverase os días 8, 9 e 10 de novembro de 11 a 13 horas.

Programa

  • A importancia da estratexia analítica.
  • O escenario de análise.
  • Xestión de documentos.
  • Citas e memos.
  • A codificación cualitativa.
  • Recuperando información e obtendo resultados.
  • Mapas conceptuais.

Impartido en

Campus remoto.

Titulación

Esta actividade está acreditada pola Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado. O diploma poderá descargarse quince días despois de que remate a formación.

 

Profesorado

Antoni V. Casasempere Satorres

É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía e Doutor en Educación. Desde 1998 traballa como analista de datos cualitativos e asesor no deseño de investigacións cualitativas e mixtas. Do mesmo xeito, asesora e forma no uso de programas informáticos de apoio á análise cualitativa e mixta como ATLAS.ti, MAXQDA ou NVivo, sendo formado no instituto CAQDAS da Universidade de Surrey, Reino Unido.

A nivel de formación participou en cursos e talleres de Juliet Corbin, Barney Glaser, John Creswell, Udo Kuckartz, Stefan Rädiker ou Pat Bazeley.

Sistema de avaliación

Terase en conta a asistencia e un exame tipo test.

Asistencia. Será necesario asistir ao 100 % das sesións.
Exame tipo test. Será un cuestionario composto de 10 preguntas relacionadas con toda a temática impartida no curso. Para superar a formación será necesario obter o 70 % de respostas correctas. Haberá dous intentos e a duración será de 30 minutos. As preguntas erróneas non descontan.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos