Seminario de Alfabetización contra a Desinformación

Información do curso

Seminario de Alfabetización contra a Desinformación


Tipo Actividades recoñecidas coma formación permanente do profesorado
Código ARFP21FN
Nome Seminario de Alfabetización contra a Desinformación
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 10
Descrición

O Seminario de Alfabetización contra a Desinformación é un espazo de reflexión sobre os distintos aspectos que interveñen no fenómeno da desinformación e sobre os principais mecanismos para loitar contra ela. Está orientado a público non especializado que queira comprender mellor o problema, as súas repercusións e as ferramentas ao seu alcance para combatelo na súa vida cotiá.

Esta actividade é coordinada polo Grupo de Innovación Docente DIXITAIS.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Esta actividade formativa está recoñecida coma formación permanente do profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 15/09/2021 16:00 - 20/09/2021 12:00
Período de docencia 21/09/2021 - 05/10/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 100

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

O obxectivo do seminario é mellorar a competencia dixital e mediática da cidadanía como estratexia de loita contra a desinformación. Para isto é preciso: comprender o fenómeno da desinformación, os seus efectos na sociedade e os seus mecanismos de propagación, así como os principais recursos para loitar contra ela.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

A parte síncrona virtual desenvolverase os días 21, 28 de setembro e 5 de outubro de 17.30 a 19 horas a través do Campus remoto.

A parte asíncrona virtual l abrangue 5.30 horas de traballo autónomo (exercicios) a través de Moovi.

Programa

O seminario consta de 3 sesións síncronas en liña a través de Campus Remoto complementadas por material adicional en Moovi. As sesións online son as seguintes:

- 21 de setembro. Ramón Salaverría (Universidad de Navarra).
Tema: O problema da desinformación.

- 28 de setembro. Enrique Núñez-Mussa (Doutorando na Michigan State University).
Tema: a experiencia do proxecto Factcheck.cl, unha iniciativa de verificación de datos na Pontificia Universidad Católica de Chile.

- 5 de outubro. Amparo Huertas (Universitat Autònoma de Barcelona).
Tema: A alfabetización mediática na loita contra a desinformación.

Impartido en

A parte síncrona virtual desenvolverase a través do Campus remoto. Uns días antes recibirá os contrasinais para poder entrar.
A parte asíncrona (traballo autónomo) empregarase a plataforma Moovi.

Profesorado

Alberto Dafonte Gómez (coordinador)

É profesor contratado doutor do Departametno de Comunicación Audiovisual e Publicidade  da Universidade de Vigo.
É doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade (Uvigo) e mestrado en Educación e TIC ( UOC). Coordina o Grupo de Innovación Docente DIXITAIS e é membro do grupo SEPCOM (Investigación en Comunicación para o Servizo Público).
Actualmente é co-investigador principal do proxecto “Narrativas dixitais contra a desinformación. Estudo de redes, temas e formatos nos fact- checkers iberoamericanos” ( PID2019-108035 RB-I00) financiado pola Axencia Estatal de Investigación ( AEI) do Goberno de España.
Máis.

Javier Abuín Penas (coordinador)

É docente posdoutoramento en Publicidade e Relacións  Públicas na Universidade de Vigo. Traballa nun proxecto de investigación sobre a loita contra da desinformación e dos fact-checkers.
É doutor en Creatividad e innovación social y sostenible, mestrado en Xestión Empresarial do Deporte e graduado en Publicidade e Relacións Públicas.
Máis.

Ramón Salaverría Aliaga

É catedrático de Periodismo na Universidade de Navarra. Foi director do Departamento de Proyectos Periodísticos (2008-2014),  primeiro director de Digitalunav-Center for Internet Studies and Digital Life (2015-2017) e foi vicedecano de Investigación da Facultade de Comunicación (2017-2021). Foi investigador visitante na Universidade de Texas en Austin e presidente da Sección de Estudios de Periodismo na European Communication Research & Education Association (ECREA).
Máis.

Enrique Núñez Mussa

É docente da Facultade de Comunicacións da Pontificia Universidad Católica de Chile. As súas áreas de investigación son as culturas periodísticas, fact checking, verificación do discuro público etc.
É Magíster Erasmus Mundus in Journalism, Media and Globalization, Periodismo, é Certificado de Fotoperiodismo (Universidad de Aarhus) e SUSI Scholar en Medios e Periodismo (Ohio).
Máis.

Amparo Huertas Bailén

É profesora titular no Departamento de COmunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade Autónoma de Barcelona.
É doutora en Ciencias da Información (Periodismo). É a directora da Cátedra UNESCO de Comunicación, ubicada no Instituto de  la Comunicación (InCom-UAB).
Está especializada en estudo de audiencias e públicos. Destacan os seus traballos sobre o consumo cultural e a representación mediática de grupos sociais marxinados e/ou estigmatizados.
Máis.

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións presenciais e a superación dos exercicios propostos.

Asistencia ás sesións e realización dun cuestionario en liña sobre as conferencias e o material dispoñible en Moovi.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos